PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
PARALIZADO O RECHEO DO PORTO DE VIGO
Ecoloxistas culpan a Porro do 'atentado ambiental'

Redacción .  'A Ría non Se Vende' celebrou hoxe o auto xudicial que ordena paralizar as obras de ampliación do porto de Vigo mediante recheos na zona do Areal.

Reloxo 09.01.2010 | 22:05

Protesta de 'A Ría non se Vende' Protesta de 'A Ría non se Vende'. Verdegaia

Ademais, os colectivos que se integran na plataforma esixiron, nun comunicado de prensa, "que se cumpra" o Real Decreto 105/2008, que regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición neste ámbito.

"O recheo do Areal está a provocar un grave atentado ambiental", insistiu, tras o que se referiu á presenza de elementos contaminantes como cobre, mercurio, chumbo e cinc que, segundo denunciou, son consecuencia das obras.

Por iso, expresou a súa satisfacción porque o auto "impute" a directora xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio, xa que "ditou unha resolución sen atender a lexislación vixente". "Como viñamos sostendo, estas obras precisan de estudio de impacto ambiental", apostilou.

 Con todo, considerou que os dirixentes de Porto de Vigo "teñen gran responsabilidade, especialmente Corina Porro e Luis Lara", presidenta e director da institución.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río