PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Balance de 2009
O público de Salón Teatro crece un 30%

Redacción .  Salón Teatro, o espazo xestionado polo Centro Dramático Galego (CDG) pechou 2009 cun total de 14.313 espectadores que asistiron ás 105 funcións que configuraron a carteleira anual.

Reloxo 08.01.2010 | 18:00

Un momento da actuación na fachada do Salón Teatro Un momento da actuación na fachada do Salón Teatro. L.R.

Segundo o CDG esta cifra supón un incremento superior ao 30 por cento respecto a 2008, o que confirma o apoio do público a unha programación na que participaron 31 formacións artísticas.

A aposta polas novas linguaxes escénicas, propostas feitas por nomes consagrados da escena galega como Teatro do Morcego, Cándido Pazó, Lagarta Teatro ou Matarile Teatro; ou representacións de compañías foráneas como a catalá Teatre Lliure e a portuguesa Ao Cabo Teatro, formaron parte do éxito da programación de Salón Teatro.

Danza

Dentro da programación de danza, en 2009 celebráronse un total de seis funcións coreográficas e a carteleira musical contou con 836 espectadores. Na carteleira musical foron 788 espectadores en extensión do Festival Sinsal e no concerto de clausura do Festival Vibracional TPS.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río