PUBLICIDADE
Mércores, 17 de marzo de 2010
'Crea unha crispación sen precedentes'
A Mesa acusa a Xunta de 'dividir os galegos' pola lingua

Redacción .  A Mesa pola Normalización Lingüística vén de facer balance dos nove meses do PP en política lingüística. Para a asociación, as liñas de acción do Goberno de Alberte Núñez Feixóo supoñen 'dividir os galegos por causa do idioma' ao crear 'unha crispación sen precedentes nun aspecto que nos debería unir a todos'.

Reloxo 07.01.2010 | 18:54

Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingúística Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingúística

A Mesa valora nun comunicado os nove meses de Feixóo en materia de lingua, un período de tempo no que o presidente da Xunta “mantén en pé a incívica bandeira do odio contra o galego que ergueu na precampaña das autonómicas”, sinala. “Só nesa liña se pode entender unha agresión tan forte contra o noso idioma propio como a que supón este decreto que reduce a mínimos históricos a presenza da nosa lingua no sistema educativo non universitario”, aseveran.

Decreto do galego

A entidade presidida por Carlos Callón lémbralle ao presidente da Xunta que a proposta de decreto que presentou “vulnera ostensibelmente tanto tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos como a Lei de normalización lingüística”. Esta norma, aprobada por unanimidade en 1983, estabelece no seu artigo 13.2 que “as Autoridades educativas da Comunidade Autónoma arbitrarán as medidas encamiñadas a promover o uso progresivo do galego no ensino”. Por iso, para a Mesa, a proposta de decreto, ao ser regresiva, é “nula de pleno dereito”.

Ademais, a Mesa amosa a súa “total convicción” de que de se aprobar a proposta o decreto “suporá unha contundente condena internacional por parte de organismos como o Consello de Europa, xa que se están a vulnerar dereitos básicos recoñecidos pola Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias, que a Xunta non pode desoír”.

Folga no ensino

Por último, a asociación chama as comunidades educativas e ao conxunto da sociedade a se mobilizar o 21 de xaneiro “en defensa da aplicación dos consensos básicos sobre lingua a que chegamos entre todas e todos”.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río