PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
'Ían servir de regulador'
UU AA pide que se fusionen os dous grupos de cooperativas que se interesaron por Pascual

Europa Press O secretario xeral de Unións Agrarias (UU AA), Roberto García, reclamoulle á Xunta que 'presione' para que se fusionen os dous grupos de cooperativas que se interesaron pola factoría de Leite Pascual en Outeiro de Rei.

Reloxo 05.01.2010 | 18:33

Roberto García, de Unións Agrarias Roberto García, de Unións Agrarias. M.V.

"Hai que comparar simplemente dous proxectos", explicou, tras detallar que un era "de todo o sector lácteo galego e de todas as cooperativas". Este proxecto, a xuízo do sindicalista, estabelecía que "todas as cooperativas participarían en pé de igualdade", xa que "todas achegaban o mesmo capital social e non había maiorías nin minorías".

Ademais, precisou que "o positivo" era que "non só ía transformar un número importante de litros de leite", senón que ía servir "de regulador" do propio sector, xa que aglutinaba "unha terceira parte da produción galega".

“Sen razóns espurias”

Por iso, García propón unha "fusión", sempre que "non haxa ningún tipo de razón espurio". "Que todas as cooperativas teñan a mesma participación, que era a base do outro proxecto", incidiu, á vez que apuntou a posibilidade de pedirlle ao conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, que "explique en que consiste esa operación política". "Somos conscientes de que el foi quen a xerou", sentenciou.

Esta planta de Pascual atópase suxeita a un ERE, que foi prorrogado despois de que se presentase o primeiro no mes de agosto. Menos da metade do persoal da factoría, unhas 75 persoas, están acollidos a este expediente á espera de que se resolva a compra da factoría de Outeiro de Rei.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río