PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Balance do ano
Adega advirte de 'vellas ameazas' co PP na Xunta

Redacción .  A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) presentou hoxe o seu particular balance anual en materia de medio ambiente. Para o colectivo, a chegada do PP á Xunta provocou 'o retorno de vellas ameazas e frustrou algúns tímidos avances conquistados durante a anterior etapa'.

Reloxo 05.01.2010 | 14:39

O presidente de Iberdrola abraza a Feixóo no acto do PP tras a investidura O presidente de Iberdrola abraza a Feixóo no acto do PP tras a investidura. Iberdrola

No balance medio ambiental, Adega critica a eliminación da Consellaría de Medio Ambiente “mesturando as competencias entre ladrillos e asfalto”. A asociación censura ademais á volta ao “filibusterismo eólico e acuícola para darlle gusto aos Galán e Fernández de Sousa”.

Tamén denuncia que o PP persiste “no erro da incineración, tirando pola borda un Plano de Residuos xa rematado e na boa dirección; no rexurdimento de minicentrais mentres o novo Plano Hidroeléctrico fica en suspenso; no recorte de espazos naturais e na cativa Rede Natura, que volta a ser delicatessen para uns poucos”.

Críticas ao Estado

Adega tamén censura a liña de acción tomada polo Goberno central: “novas centrais no Sil e no Miño, máis carbón e coches, máis aterrados nas rías e a fraude de Copenhagan” son algúns dos exemplos que cita o colectivo.

Para Adega, as perspectivas para o 2010 son “aínda peores”. Porén, sinala que a cidadanía está cada vez máis sensibilizada e comprometida e as actuacións xudiciais están mudando. Así, apunta a que xorden plataformas ambientais en defensa da costa, dos ríos, do patrimonio cultural, contra instalacións agresivas, touradas... e cada vez hai máis sentenzas a prol do ambiente, como a de Rinlo, a de Touriñán, Ferrazo ou Marín. Neste senso, Adega prevé máis fallos a prol do medio.

Involución ambiental

Como síntomas da “involución ambiental”, Adega cita a Lei eólica, que “ao gosto das transnacionais enerxéticas amigas, encherá de novos muíños os montes sen reparar nos prexuízos ambientais e económicos para o país”.

Tamén alude ao Plano de Residuos do PP, “a Xunta persistirá na incineración hipertrofiando o monstro ruinoso de Sogama para maior gloria de Fenosa”. “A aposta pola redución, a compostaxe e a comarcalización será testemuñal, creando unha ou varias Sogamas máis... mesmo en Portugal!, advirte.

O ordenamento territorial e o urbanismo é outro dos aspectos que lle preocupan á asociación, que prevé unha nova vaga urbanizadora na costa creada “á carta” dos intereses urbanísticos e especulativos”.

No que atinxe ao Plano Acuícola, Adega acusa o PP de “poñerlle os trámites máis doados ás empresas”. “Veremos se a conselleira do Mar, Rosa Quintana, segue prestando o seu apoio a Pescanova cando intente violar a lei e construír a planta de Touiñán”, ironiza a entidade.

“E mesmo o cativo Plano de Acción contra o Cambio Climático que presentara o bipartito ficou paralizado”, critica Adega.

'Continuidade na loita contra o cambio climático'

Na loita contra o cambio climático, semella que haberá continuidade coa etapa anterior. “En sintonía cos resultados da cimeira de Copenhagen, ninguén fará nada”, denuncia Adega. “As grandes infraestruturas de transporte seguirán sendo un dogma intocábel para as administracións. A ampliación do modelo de transporte por estrada (Plano MOVE) e a implantación do AVE aparcan de novo o concepto de mobilidade sustentábel, en especial a que representa o tren de proximidade", apunta.

Ante o “momento crítico”, Adega sinala que o ecoloxismo, recupera protagonismo para canalizar a crecente sensibilidade ambiental da cidadanía. Así, desde o colectivo manifesta o compromiso coa cidadanía para seguir defendendo o medio ambiente e o patrimonio natural do país.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río