PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Adán acusa a Xunta de 'falta de eficacia'
O BNG pregunta polos criterios do novo decreto do galego

Redacción .  O Grupo Parlamentar do BNG vén de presentar unha interpelación no Parlamento galego dirixida ao conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, sobre o denominado decreto do plurilingüismo.

Reloxo 05.01.2010 | 13:32

Carme Adán, deputada do BNG Carme Adán, deputada do BNG. AGN

A deputada do BNG, Carme Adán, –que asina a interpelación xunto co portavoz de Lingua, Bieito Lobeira– pregúntalle á Consellaría de Educación cales foron os criterios pedagóxicos que seguiu o Goberno galgo para elaborar as bases do decreto. Tamén lle pregunta como vai garantir a plena competencia do alumnado en lingua galega.

Por outra banda, Adán apunta que o inicio do curso 2009-2010 padeceu un grande desorde administrativo e diversas incidencias. A nacionalista achaca esta situación á “falta de eficacia” da consellaría que ao –ao seu xuízo– se materializa “na eliminación dos libros de texto, no ataque reiterado ás Escolas de Idiomas e ao seu profesorado, no atraso na convocatoria de axudas a proxectos de fomento do uso do galego nos centros de ensino, no recorte do persoal dos CEFORES, na eliminación dos contidos dos módulos propios de Ciclos formativos e na redución dos orzamentos para a formación do profesorado.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río