PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
O diario en papel é o favorito
En que medios confían máis os galegos?

Europa Press Máis do 90 por cento dos galegos considera 'moi boa, boa ou razoábel' a calidade da prensa. E máis, concedelle aos seus contidos unha credibilidade e fiabilidade maior que aos contidos informativos noutros soportes, como os diarios dixitais, segundo un estudo.

Reloxo 05.01.2010 | 11:45
TAGS: medios , internet , prensa ,

Cabeceiras de A Nosa Terra Cabeceiras de A Nosa Terra. ANT

A análise, elaborada pola empresa MundiNova Consultores de Comunicación –a partir de enquisas realizadas entre xullo e outubro a un total de 200 cidadáns das catro provincias galegas–, conclúe ademais que case a metade dos galegos pensa que a prensa dixital non substituirá os diarios tradicionais.

Ademais, segundo o documento, a televisión e a prensa escrita son, con diferenza, os medios de comunicación de referencia entre os cidadáns de Galiza. En función dos sexos, os medios máis empregados polas mulleres son televisión, prensa escrita e radio, mentres que nos homes a orde é prensa escrita, televisión e internet.

Polo xeral, a maioría dos cidadáns galegos asegura ler o xornal no seu domicilio, aínda que o 35,8 por cento dos enquisados afirma non comprar nunca a prensa diaria.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río