PUBLICIDADE
Domingo, 14 de marzo de 2010
Para que se declaren en contra dos festexos taurinos
'Galiza, mellor sen touradas' promove mocións en 19 concellos

Europa Press A plataforma antitaurina 'Galiza, mellor sen touradas' promove mocións en 19 municipios galegos, entre eles as sete grandes cidades, para que se declaren en contra dos festexos taurinos, segundo informa nun comunicado.

Reloxo 04.01.2010 | 13:21

Manifestación antitouradas en Pontevedra Manifestación antitouradas en Pontevedra. CA

Deste xeito, a asociación inicia unha campaña, baixo o lema 'Queres que a túa cidade se declare abolicionista?', coa que asesoran a persoas e colectivos interesados en impulsar mocións nos municipios nos que residen. Polo momento, promoverán iniciativas populares nun total de 19 concellos galegos, como Narón, Noia, Ribadeo, Monforte, Redondela, Fene, Vedra, Arteixo, A Guarda, Boiro, Ribeira e A Pobra do Caramiñal.

'Galiza, mellor sen touradas' sinala que o debate aberto para a prohibición das corridas de touros en Catalunya animou a asociación a comezar unha campaña "para declarar os primeiros concellos antitaurinos" na comunidade, que é "unha das de menor afección á tauromaquia". Así, cita un estudo segundo o cal o 86 por cento dos galegos rexeitan ou aborrecen este tipo de festexos, que se manteñen en cidades como A Coruña e Pontevedra.

Así mesmo, recorda que en España hai 74 municipios antitaurinos, pertencentes a diferentes comunidades, e sinala que "desde fai máis de 16 anos a lexislación de Canarias tampouco permite espectáculo taurino algún".   

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río