PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Cultura aproba axudas á banda deseñada por 30.000 euros
A normalización en viñetas

Redacción .  A banda deseñada galega empeza o ano con bo pé. A Consellaría de Cultura e Turismo aprobou o 21 de decembro unha orde de axudas para apoiar a creación de proxectos de banda deseñada galega cun orzamento total de 30.000 euros e un límite por beneficiario de 6.000 euros. O obxectivo é contribuír á normalización da lingua galega.

Reloxo 04.01.2010 | 08:59

Ilustración de David Rubín Ilustración de David Rubín

A actividade subvencionada aspira a contribuír á normalización da lingua galega e estabelece que as accións de difusión, publicidade e comunicación da actividade subvencionada desenvolveranse en galego.

Cun orzamento total de 30.000 euros a Consellaría de Cultura quere promover a creación de obras extensas de cómic en galego en calquera xénero para que os creativos poidan abordar proxectos creativos ambiciosos que polas súas características o mercado actual non consegue promover.

As bases das subvencións, que terán un máximo de 6.000 euros por beneficiario, serán publicadas nos próximos días no Diario Oficial de Galicia (DOG) e os interesados terán o prazo dun mes para presentar a solicitude contado a partir do día seguinte da publicación da orde no DOG.

Unha das esixencias destas axudas é que o proxecto deberá ser executado no prazo de doce meses dende a data da comunicación da concesión da axuda e as actividades obxecto de axuda serán a elaboración do guión do proxecto, os gastos de ilustración e os de edición.

Exposicións itinerantes

De xeito paralelo o departamento de Cultura manterá a itinerancia das exposicións Viñetas descubertas-Certames galegos 200-2008 e Miña Terra Galega polas catro provincias galegas para achegar a todos os públicos estas mostras que supoñen unha escolma do mellor do cómic galego dos últimos anos e que xa tiveron unha boa acollida na última edición do Salón do Cómic de Barcelona e nas Xornadas de Banda Deseñada de Ourense.

As datas e os concellos confirmados para o primeiro cuatrimestre do ano son: Bóveda do 4 ao 18 de xaneiro; Verín do 18 ao 30 de xaneiro; Monforte do 1 ao 15 de febreiro; Celanova do 15 ao 28 de febreiro; Boiro do 1 ao 15 de marzo; Ribadumia do 15 ao 30 de marzo; e O Rosal do 19 ao 30 de abril.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río