PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
De Galiza, Euskal Herria e Països Catalans
Galiza Nova, Iratzarri e JEN-PSM traballarán pola autodeterminación

Europa Press Os Joves d 'Esquerra Nacionalista (JEN)-PSM e as xuventudes do BNG e Aralar traballarán conxuntamente pola liberación nacional e social de Galiza, Euskal Herria e Països Catalans. Para iso, asinaron un protocolo co obxectivo de estreitar as relacións entre as organizacións xuvenís.

Reloxo 30.12.2009 | 16:07

Acto reivindicativo de Galiza Nova na praza da Quintana Acto reivindicativo de Galiza Nova na praza da Quintana. Jessica Barcala/AGN

O documento estabelece que os mozos de PSM-EN, BNG e Aralar manterán unha relación preferente para traballar "pola autodeterminación dos pobos que conforman o Estado español e por unha Europa baseada no dereito a decidir, na xustiza social, a defensa do medio e a cultura da paz; enfrontada ao actual modelo da Unión Europea", segundo sinal a agrupación nacionalista mallorquina nun comunicado.

Segundo o Secretario Xeral dos JEN-PSM, Joan Ferrà, "o acordo cos mozos de Galiza Nova e Iratzarri consolida a estreita relación que historicamente tivo a esquerda nacionalista de Mallorca co nacionalismo progresista de Galiza e o País Vasco". Así mesmo, engadiu que "a unidade das forzas nacionalistas de esquerdas foi e é vital para romper o efecto do bipartidismo do PP-PSOE".

Pola súa banda, o responsábel de Relacións Internacionais de Galiza Nova, Roi García, e o coordinador de Iratzarri, Fabio González, xunto cunha ampla delegación de mozos vascos e galegos, acompañan os novos do PSM-EN na manifestación convocada este mércores pola Plataforma '31 de decembro' en Palma de Mallorca baixo o lema 'Espanya i França són crisi: Decidim Països Catalans'.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río