PUBLICIDADE
Xoves, 09 de setembro de 2010
O BNG pídelle a Feixóo 'dar marcha atrás co decreto do galego'
Guillerme Vázquez: 'Se non rectifica, enfróntase á resistencia do pobo'

Europa Press O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, reclámalle ao presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, que 'dea marcha atrás' na súa intención de impulsar un novo decreto do galego no ensino e volva 'ao consenso' se non quere enfrontarse 'á resistencia do pobo'.

Reloxo 30.12.2009 | 13:23
TAGS: Guillerme , Vázquez , BNG , decreto , galego ,

Guillerme Vázquez, portavoz nacional do BNG Guillerme Vázquez, portavoz nacional do BNG. Adrián Fuentes/AGN

"E non seremos tres, seremos miles de cidadáns", augurou o líder nacionalista nunha rolda de prensa celebrada en Santiago, onde compareceu acompañado dos portavoces do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, e no Parlamento galego, Carlos Aymerich, tras a reunión da comisión interparlamentaria.

A poucas horas da presentación do borrador do decreto que substituirá o aprobado polo anterior Goberno bipartito, Vázquez avisou de que o PPdeG deseñou a súa política lingüística partindo "da falsa tese da imposición" polo que, necesariamente, as súas solucións tamén serán "falsas".

Neste punto, incidiu en que "por moito que Feixóo intente presentar o documento coas uvas" e coa bandeira do trilingüismo, "o único que busca é potenciar o idioma español fronte ao galego". "Nin 30 de decembro, nin trilingüismo, haberá resistencia en Galiza", garantiu Vázquez.

Con esta visión coincidiu Carlos Aymerich, quen lle avisou ao Goberno autonómico de que "non se irá de rosiñas" e terá "a contestación de moitos galegos que queren este país e que saben que a política lingüística de Feixóo non é a que necesita Galiza".

'Nada bo'

De feito, o portavoz do BNG na Cámara galega mostrouse convencido de que derrogar un decreto nacido "dun amplo consenso" do que –resaltou– Núñez Feixóo se apartou "apenas nove horas antes" de que fora aprobado no Consello da Xunta "non vai traer nada bo". "Nin para o galego nin para o ensino, que ten outros problemas dos que non se ocupan", incidiu.

Igualmente reprobou que os pais dos alumnos de Educación Infantil poidan votar en que idioma estudan os seus fillos. "A ninguén se lle ocorre que os pais decidan outros elementos do currículo coma se se estuda Matemáticas ou a teoría do creacionismo", ironizou.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río