PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Novo marco eólico
A inexperiencia dificulta a entrada de capital galego

Xurxo González O PP afirma que a nova lei promove a profesionalización, pero a oposición afirma que entrega os muíños ás multinacionais foráneas

Reloxo 27.12.2009 | 08:52

Parque eólico Parque eólico. Unión Fenosa

O día 21 de decembro o Parlamento de Galicia aprobou co único apoio da maioría absoluta do PP dúas normas importantes: a nova lei eólica e a modificación da de comercio. Ambas supoñen a revisión da política do goberno bipartito da lexislatura anterior e foron moi criticadas por PSdeG e BNG.

A que suscitou unha maior polémica foi a nova lei eólica. Abel Losada, deputado socialista, acusou á Xunta de “focalizar de novo as adxudicacións nas grandes empresas eléctricas españolas”. A clave do cambio de normativa explicouna Pedro Arias, do PP: o goberno elixirá as empresas que xestionarán parques eólicos en función da “profesionalidade do solicitante, que pasará pola súa solvencia técnica e a experiencia no sector eólico”.

O Partido Popular trata así de xustificar a paralización do concurso eólico promovido pola anterior Consellería de Innovación e Industria, dirixida polo nacionalista Fernando Blanco. Nunha primeira selección, as empresas beneficiadas tiñan na súa maioría capital galego pero pouca experiencia no sector enerxético. Así, os seguros beneficios do negocio eólico repartiríanse entre conserveiras, cooperativas gandeiras, construtoras e estaleiros. Tamén a Administración recibiría fondos adicionais ao entrar no accionariado das empresas eólicas.

Regreso á era Fraga

A oposición non ten tan claro como o PP que o novo modelo eólico vaia favorecer a profesionalización do sector. Abel Losada insistiu en que “constatamos que se recupera un sistema de adxudicación discrecional. Volvemos á etapa de Fraga, un goberno especializado nos cuñados”. O socialista referíase ás irregularidades que recolleu este ano o Consello de Contas no informe sobre sobre 2005, último ano dos Gobernos de Manuel Fraga. Un dos grandes beneficiarios de concesións eólicos fora un familiar do daquela director xeral de Industria.

Fernando Blanco ilustrou o novo escenario coa famosa foto do “abrazo do oso” de Ignacio Sánchez Galán, presidente de Iberdrola, o día da investidura de Feixóo. Pedro Arias admitiu que “o modo de adxudicación non está especificado na lei, pero isto está permitido no dereito administrativo”. As críticas da oposición centráronse tamén na aplicación do canon eólico, a taxa que substitúe á participación do accionariado nas empresas concesionarias. PSdeG e BNG coincidiron en que “haberá unha longa batalla nos xulgados”, motivada pola inseguridade xurídica que provoca a nova lei.

 

 

 

 

 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río