PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
No Aaiún
Haidar denuncia que se atopa 'baixo arresto domiciliario'

Redacción .  A activista saharauí Aminetu Haidar denuncia que está baixo arresto domiciliario desde que regresou ao Aiún o pasado 18 de decembro tras 32 días de folga de fame en Lanzarote despois de que as autoridades marroquís a expulsasen de Marrocos.

Reloxo 24.12.2009 | 13:36

Aminatou Haidar no aeroporto de Lanzarote hai unhas semanas Aminatou Haidar no aeroporto de Lanzarote hai unhas semanas. Borja Suárez/Reuters

"O asedio continúa. Estou baixo arresto domiciliario. Os membros da miña familia e amigos teñen problemas para visitarme. As tendas do meu barrio están sufrindo o asedio", denunciou nunha entrevista desde Rabat.

"Teño o valor da miña convicción para seguir adiante coa defensa da causa da autodeterminación do pobo saharauí. Nunca cederá a pesar das ameazas de cárcere, secuestro, tortura e exilio", engadiu.

Así mesmo, Haidar acusou a Marrocos de empregar unha política “da cenoria e o pau" cara á Fronte Polisario e os saharauís. "Marrocos reprime a poboación saharauí mentres está negociando coa Fronte Polisario", lamentou.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río