Redacción . Un dos creadores da nova versión de Firefox, 'Firefox 4.0' colgou no seu blog algúns borradores que mostran as actualizacións do navegador. Os cambios principais incumben aos botóns de 'stop', 'actualizar' e 'ir', que se combinan agora nun botón que cambia de cor.
Aínda que en xullo a web 'Mashable.com' xa filtrou algunhas imaxes das modificacións que sufriría o navegador, é agora cando se coñecen os verdadeiros cambios. Nas imaxes que se coñeceron o verán pasado permanecían intactos os conceptos principais.
Aspecto do futuro Firefox 4.
Con todo, nas que o colaborador e deseñador do proxecto Mozilla, Stephen Horlander, compartiu no seu blog estes días poden observarse cambios significativos. Entre eles, a combinación dos botóns 'stop', 'actualizar' e 'ir' nun só: o 'App button'.
O novo botón situarase na parte superior esquerda simulando o mesmo enfoque das aplicacións de Windows 7 e Microsoft Office. Segundo Horlander, o 'app button' é máis sinxelo e ocupa menos espazo ao condensar varias accións.
Pero non é esta a única novidade do navegador para o 2010, o botón de ferramentas vólvese tamén máis visible en múltiples fondos e a posición da barra de navegación vese reducida.
Ademais, os marcadores de páxina vólvense máis funcionais xa que, se non son modificados polos usuarios, non aparecerán por defecto.
Descargar Tarifas