PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Para Iphone e Ipod Touch
'Imotion Comic', banda deseñada dixital

Redacción .  Continental Games e Costa Oeste presentarán o martes 29 de decembro en Santiago de Compostela 'IMotion Comic', un novo formato de cómic dixital para Iphone e Ipod Touch que incorpora animacións, opcións de idioma, banda sonora, efectos especiais e todos os recursos necesarios para facer evolucionar a banda deseñada tradicional a un novo formato multimedia.

Reloxo 24.12.2009 | 11:22

Quotidiana Delirante, de Miguelanxo Prado. Quotidiana Delirante, de Miguelanxo Prado.

Quotidiana Delirante será o primeiro cómic dixital que distribuirán estas dúas firmas que xa teñen adaptados 3 títulos das máis de 40 historias que compoñen a obra do artista galego Miguelanxo Prado e que se distribuirán en exclusiva a través de AppStore en máis de 70 países.

Na presentación estarán presentes o propio Prado xunto co presidente do Grupo Continental, Pancho Casal, e o director da área de videoxogos, Carlos Fernández.

IMotion Comic é unha produción de Continental Games e Costa Oeste que conta coa colaboración de Paralaxe e Alia3D e o apoio da Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río