PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
BLOG ALBERTE MONTES
Alberte
Montes
Actor
Unha nación, unha selección!
Catalunya 4, Arxentina 2
Partidazo no Camp Nou este martes, na cita anual co combinado catalán. Nesta ocasión, o rival era Arxentina, a selección de Maradona. Aínda que en horas baixas, deu guerra… guerra e patadas foi o que deron. Pero o importante era o ambiente, a festa e a reivindicación: Unha nación, unha selección!
 24.12.2009 | 07:16

Catalunya-Arxentina. Camp Nou Catalunya-Arxentina. Camp Nou. Alberte Montes

Non estaba cheo o campo do mellor clube do mundo, o certo é que non. Faise o partido en sábado a iso das sete da tarde, nun luminoso día de maio, por exemplo, e as colas por entrar chegarían a San Just Desvern. San Just Desvern, aclaro, é unha localidade que sen estar moi lonxe do núcleo urbano de Barcelona, tampouco está perto. Non sei se me expliquei.

O caso é, que como facía frío (si, aquí tamén o fai) e pasara todo o dia chovendo, pois a cousa quedou mediada. Deste xeito, fomos uns 50.000 (27 segundo a Guardia Urbana) os que desfrutamos do encontro in situ. Para uns moito, para outros pouco… coma sempre. Un bo galego diría: “Chegaron ben”. Cabe destacar a afección arxentina, moi animada e ruidosa, pese ao panorama negro que envolve ao seu equipo. En xeral era un ambiente festivo, de xoldra e no que o público acompañaba en cada momento con cánticos e afonías entregadas. Si que é certo que, ás veces, o público catalán futbolero, adoita ter un punto de discreción. Pasa nalgunha ocasión, cando xoga o Barça, que os seguidores gardan tanto silencio, que se pode escoitar incluso o golpeo do balón. A anécdota tivémola, cando un mozo se achegou a un grupo de afeccionados desta “raza” de pouco animar e lles berrou: “Posseu-vos de peu, que aixó no és el Liceu”.

O importante non era o resultado, aínda que se demostrou que Catalunya ten moi bos xogadores, e pode enfrentarse a calquera equipo sen ningún medo. Quizais á selección campiona de Europa?

Estreaba adestrador tamén a selección. Johan Cruyff voltaba aos bancos despois de máis de quince anos. Marcou estilo no xogo, agora… a ver se se arrinca dunha vez co catalán.

As institucións apoiaron fortemente este acto, até o punto de “inventar” unha competición arredor do match, cando este sempre ten carácter amistoso. Deste xeito, Catalunya venceu a Copa Catalunya Internacional… ou algo así.

Bótanse en falta apoios así en Galiza, onde soubemos que, despois de catro anos, a Xunta presidida polo meu tocaio Alberte Nuñez Feijoo non pensa organizar nin apoiar o encontro da selección. Aínda así, a selección galega, sen apoios instucionais, pero coa forza do pobo, xogará o seu partido baixo o lema: Seleçom Nacional, dereito popular! Adestrados por Fernando Vázquez, unha selección de xogadores de 2ªB e Terceira, mediráse a un combinado internacional. Será este sábado ás 19:00 no campo de Santa Isabel de Compostela. Previo ao partido haberá unha manifestación, e logo do fútbol, un concerto pechará a velada.

Apoio total aos siareios galegos e a meterlle un bon FeiGOOL ás institucións!

Aí o deixo.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río