Redacción . Grandes e medianas empresas con capital do país defenden os seus dereitos nos xulgados.
Tal como se viña anunciando, un grupo de empresarios están dispostos a dar a batalla legal contra a anulación do concurso eólico promovido polo goberno bipartito. A resolución que se coñecía onte e que anula a suspensión cautelar do proceso adoptada o día 23 de setembro vén motivada polo recurso de súplica presentado por seis das compañías seleccionadas fai un ano: Aucosa Eólica, Ventauria Enerxía Rural, Enerxías Renovables de Galicia, Viraventos Energy, Ventos de Beitureira e Iniciativas Estratéxicas Galegas. Aucosa Eólica agrupa ás conserveiras Alfageme, Albo, Pita Hermanos e Thenaisie Provote. O accionariado de Ventauria Enerxía Rural está integrado por varias firmas luguesas e da área de Vigo, entre as que destacan a panificadora Ingapan, Café Las Candelas ou a Caixa Rural Galega. Enerxías Renovables de Galicia está participada por Jacinto Rey, máximo accionista da construtora San José. Viraventos Energy foi creada polo empresario de Lugo Guillermo Sánchez Vilariño, quen foi presidente da patronal da provincia. Ventos de Beitureira pertence ao empresario Xosé Luís Liñares Louzao, que preside a Federación Galega de Servicios de Transporte en Autobús, e que ten intereses tamén nos sectores inmobiliario de de xestión de aparcadoiros. Por último, o accionariado de Iniciativas Estratéxicas Galegas está constituído por nove pequenas e medianas sociedades. O seu conselleiro delegado é Benigno Pereira, presidente da Rede Galega de Empresas, unha asociación da patronal máis próxima ao ideario nacionalista.
Benigno Pereira, presidente da Rede Galega de Empresas.
Descargar Tarifas