Redacción . O Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño distribuirá de forma gratuíta entre 1.274 gandeiros un total de 106.153 toneladas de cota láctea procedentes da reserva nacional dispoñíbel para o período de taxa en curso (2009-2010).
Trátase dun reparto excepcional, para gandeiros mozos que participan en programas de nova instalación e modernización de explotacións que realizaran un proxecto de inversións que implique unha ampliación da produción e, en consecuencia, a necesidade de dispor de cota láctea suficiente. O Ministerio empezou hoxe o proceso de notificación postal das asignacións aos gandeiros que solicitaron cota e cumprían os requisitos. Segundo o Ministerio esta medida permitirá avanzar na consecución de dous dos grandes retos aos que se enfronta o sector lácteo español: a ausencia de relevo xeracional e a necesidade de aumentar a competitividade das explotacións leiteiras a través da modernización e a innovación.
Vacas nunha granxa.
Descargar Tarifas