Redacción . A organización ecoloxista Greenpeace convoca para hoxe ás 17h00 concentracións en doce cidades do Estado para pedir a liberdade do seu director en España, Juan López de Uralde, e de outros tres activistas, detidos en Copenhague por colarse na recepción oficial da Raíña de Dinamarca e despregar unha pancarta.
En Galiza haberá concentracións no Consulado Real de Dinamarca da Coruña, concretamente, na rúa Linares Rivas 18, 2ª dereita e no Consulado Real de Dinamarca da avenida Garcia Barbón, 133 de Vigo. No resto do Estado as concentracións pro liberación de Juán López de Uralde, e os tres activistas Nora Christiansen, Christian Schmutz e Joris Thijssen serán en Alacante, Almería, Barcelona, Xixón, Madrid, Málaga, Palma de Mallorca, Sevilla, Tenerife e Valencia. Con estas accións a organización aspira a conseguir a liberación destes catro compoñentes a través da “presión que pode exercer a sociedade civil”.
De esquerda a dereita e de arriga a abaixo Juán López de Uralde, e os tres activistas Nora Christiansen, Christian Schmutz e Joris Thijssen.
Descargar Tarifas