PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
EXIMIU UN DELES DE Avaliación AMBIENTAL
A Xunta xa autorizou dous parques de Iberdrola

M. V No que vai de lexislatura, o novo Goberno Galego autorizou o desenvolvemento de dous parques eólicos de Iberdrola na provincia de Ourense. Trátase de estacións concedidas sen concurso, ao abeiro do proceso de 'autorización administrativa' deseñado na era Fraga.

Reloxo 22.12.2009 | 07:14

O presidente de Iberdrola abraza a Feixóo no acto do PP tras a investidura O presidente de Iberdrola abraza a Feixóo no acto do PP tras a investidura. Iberdrola

Cómpre ter en conta que unha das claves do negocio eólico son as primas. Os muíños son rendíbeis porque o Estado subvenciona parcialmente os megawatios do vento.

Os parques que funcionen primeiro terán máis subvención

Con todo, o Ministerio de Industria creou o ano pasado un cupo máximo de megawatios que poden ser subvencionados. As operadoras que teñen antes as máquinas en funcionamento poden solicitar primeiro a Madrid as primas, que o Estado vai ir reducindo.

Por iso para as eléctricas fan todo o posíbel por montar canto antes os parques. Polo mesmo motivo, o anterior Goberno galego limitou o ritmo das autorizacións dos muíños aprobados na época Fraga, dos cales o 90 por cento está en mans de empresas foráneas. O bipartito tentaba así contribuír a que as empresas que gañaran o novo concurso eólico, que finalmente derrubou o PPdeG, tivesen máis doado o acceso ás primas estatais.

Tras a chegada dos conservadores ao poder cambiou a política da Xunta. Alberte Núñez Feixóo presume de que o novo Executivo acelerou ao máximo as centrais en trámite. Un dos resultados é que a eléctrica española Iberdrola conseguiu avanzar na construción de, polo menos, 14,55 megawatios.

Parque en Nogueira eximido de avaliación ambiental

O primeiro parque trátase da ampliación do Parque eólico de Sil Fase II en Nogueira de Ramuín, que levaba cos trámites parados dende 2007. O DOG do 18 de novembro aproba a súa execución cunha potencia de 12 megawatios.

O seu titular é Iberdrola Energías Renovables, cun orzamento de máis de nove millóns. En novembro deste ano a Xunta eximiu o parque do trámite de avaliación ambiental estratéxica.

Iberdorla xestiona os aeroxeradores dun concello do PP

O máis recente dun parque eólico singular en Nogueira de Ramuín. O titular da instalación é o Concello, gobernado polo PP, do que Iberdrola actúa como concesionario.

Para este parque solicítase a declaración de utilidade pública para poder ocupar os montes de man común do lugar de Rebordondo. A central ten só dous aeroxeradores e 2.55 megawatios de potencia, segundo o publicado no DOG o 15 de decembro.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río