Redacción . O Museo Marco de Vigo acolle hoxe ás 19h30 a presentación do filme documental 'Sixty Tolos, a golpe de single', dirixido por Xaime Fandiño nunha coprodución de TVG e Casa de Tolos. O traballo recopila a historia dos grupos dos anos 60 que marcaron unha época da vida viguesa.
Este documental pecha o proxecto Vigo Ye-yé, iniciado no ano 2008 coa gravación dun CD-DVD con temas inéditos dos grupos que conformaban a movida dos anos 60 en Vigo e coa celebración e gravación do último concerto-reencontro destes conxuntos o pasado mes de xuño no Centro Cultural Caixanova de Vigo e que sairá á venda o 22 de decembro. O documental recolle a vida e milagres daqueles pioneiros conxuntos músico-vocais do Vigo dos 60, precursores da movida dos 80. Os protagonistas de Sixty Tolos, a Golpe de Single falan de ilusións, lembranzas, música... e desas outras cousas, hoxe incomprensibles, que lles tocou padecer e vivir á xeración ye-yé durante os difíciles anos sesenta.
Descargar Tarifas