PUBLICIDADE
Domingo, 14 de marzo de 2010
Por 'Deserto diamantino'
Rodríguez Baixeras, premio Caixanova de poesía

Europa Press O poeta Xavier Rodríguez Baixeras gañou o oitavo premio Caixanova de poesía, dotado con 12.000 euros. A súa obra, 'Deserto diamantino', será publicada na colección 'Arte de trobar', que mantén a propia entidade crediticia.

Reloxo 17.12.2009 | 18:27

Xavier Rodríguez Baixeras Xavier Rodríguez Baixeras. Paco Vilabarros

Xavier Rodríguez Baixeras (Tarragona, 1945), logrou facerse co Premio Caixanova tras dúas deliberacións do xurado.

Os portavoces do xurado, o director da Obra Social de Caixanova, Guillermo Brea, e o presidente do Pen Clube Galicia, Luís González Tosar, explicaron que Baixeras se fixo co premio, ao que se presentaron 55 poemarios por ser "unha fonda reflexión desde a experiencia da madurez vital e literaria, apostando por unha revitalización da poesía estrófica e rimada" ao servizo dunha visión actual do mundo.

O xurado tamén valorou que a obra volve ao mundo poético clásico "maxistralmente engarzados coa herdanza da linguaxe patrimonial".

O premio, convocado por Caixanova e o Pen Clube, é o mellor dotado dos convocados en Galiza para textos poéticos, con 12.000 euros. Publicarase nos próximos meses na colección que mantén Caixanova para textos líricos, 'Arte de trobar'. Xustamente, nesa colección presentáronse hoxe dous volumes da poesía completa de Xosé Carlos Gómez Alfaro.

Xavier Rodríguez Baixeras recibirá o galardón nunha gala literaria que se celebrará na primavera próxima.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río