PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
BLOG ANA MIRANDA
Ana
Miranda
Política
Haidar non pode morrer
Os acordos políticos e económicos entre a UE e Marrocos non poden servir de pantalla de fume para xustificar o abandono de Aminatu Haidar.
 15.12.2009 | 17:38

Concentración en Vigo en solidariedade coa activista saharauí Aminatu Haidar Concentración en Vigo en solidariedade coa activista saharauí Aminatu Haidar. Paco Vila Barros

Precisamos máis presión a Marrocos polo acontecido e esixencia de responsabilidades, porque quedan dias ou horas para que o estado fisico dunha persoa resista. Resistiu pacificamente unha vulneración gravísima de deportación, arrogancia e desprotección xurídica. Dende o Parlamento Europeo, e concretamente dende o grupo Verdes-Alianza Libre Europea, ao que pertence o BNG, estamos facendo toda a presión política que está ao noso alcance, como foi, por exemplo, conseguir que na orde do dia de violación de Dereitos Humanos do Pleno, que cada xoves ao mes decide sobre temas de violación flagrante, fose incluído este tema, baixo unha presión do grupo onde están incluído o PSOE moi forte. Mentras a proposta da nosa resolución que vai ser votada o xoves, coasinada por tres membros da ALE e dous dos Verdes, entre eles o deputado de Europa dos Pobos Oriol Junqueras e Raül Romeva, trata e alerta da difícil situación da activista de dereitos humanos saharauí en folga de fame hai un mes e  que no marco do partenariado Marrocos-Unión Europea, hai constatación da violación persistente de dereitos humanos por parte de Marrocos, en especial no relativo á liberdade de expresión, de opinión, de asociación e de manifestación. O caso Haidar é un exemplo vivo, alén deses dereitos, tamén do de entrar no seu proprio pais conforme ás disposicións do Pacto Internacional relativo aos dereitos civís e políticos. E por iso que pedimos que no marco do diálogo político presente UE-Marrocos sexa suspendido inmediatamente o status avanzado das negociacións, mentras que Aminatou Haidar non poida retornar. E que o tema do Sáhara Occidental sexa tratado como cuestión prioritaria nesas negociacións.

Pola contra, a resolución apresentada polo grupo S & D no que está integrado o PSOE e que asinan entre outros, o eurodeputado Raimon Obiols –un dos grandes protectores políticos de Marrocos na UE e no marco dos debates euromediterráneos– e outras dúas eurodeputadas, fan referencia ao "estado precario da saharauí", aos "esforzos do Goberno presidido por José Luis Rodríguez Zapatero para atopar unha solución digna á "situación humanitaria" dela, mostrar a súa preocupación polo deterioro da súa saúde e "piden que abandone a folga de fame iniciada voluntariamente", expresando seu respeito pola loita de Aminatou Haidar pola causa do pobo saharaui "convidándoa a continuar súa loita por medios políticos que non poñan súa vida en perigo". Continúa o texto, como se fose un comunicado de prensa de Moratinos, gabando "os esforzos do Goberno, e en particular, súa oferta, para ela e seus fillos, dun estatuto de refuxiada política, dun aloxamento e de coidados". E como para non querer desgustar o Monarca alauíta, reclama a mediación da ONU para lle pór fin "á situación humanitaria de Haidar". Creo que non fai falla decir máis, non queren entender, non queren molestar, non saben como saír desta lea, e ampáranse os socialistas na referencia humanitaria con tal de non admitir que se trata dunha expulsión política, unha deportación política, como ben afirmaba o ex-diplomático José Maria Ridao nun excelente artigo sobre o tema. O PSOE está a recibir presións mesmo da América Latina, o partido de Lula (o PT) envioulles unha carta de extrema preocupación o pasado 3 de decembro, por exemplo.

O venres pola tarde, cando saía do Parlamento, o lobby marroquí seguia roldando por aqui, a embaixada en Pleno repartida polas oficinas facéndolles presión aos grupos políticos para que a mención á paralización do Acordo de Asociación UE-Marrocos, non aparecera. A nós e a outros grupos non nos van convencer, pero a outros xa vemos que si. Están a favor da inmoralidade, da inxustiza, da parcialidade do Goberno do Estado neste asunto. O tempo corre en contra da bolboreta do Sáhara, porque a hipocrisía da dobre moral e o cinismo non queren entender que xa nunca máis voltará ser o mesmo, que se Aminatou morre, seremos moitas e moitos que lles lembraremos esta morte anunciada en cada presenza pública no marco interno e internacional. Pero eso non vai pasar, Aminatou vai vivir, e voltar cos seus fillos.Con dignidade, como ela quere. Con dignidade.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río