PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
BLOG ALBERTE MONTES
Alberte
Montes
Actor
Todo un golfista, si señor!
Eu de maior quero ser como Tiger Woods
Que si, que lle marcharon todos os anunciantes e agora vai ter que pagarlle á muller un divorcio de 300 millóns de dólares. Pero se os paga, é porque os ten, non si? Trátase do deportista mellor pagado do mundo, cunha media de ingresos anuais duns 100 kilos. Ten máis de dez amantes, sen necesidade de facer tres mil abdominais ao día como o parvo de Cristiano Ronaldo. O bo de Tiger acaba de desbancar a Bertín Osborne como o meu modelo a seguir.
 15.12.2009 | 16:32

tiger woods tiger woods

Como lle cambiou a vida ao deportista americano. De xenro ideal a “picha brava” en dous días. Este tipo non poderá sair da súa casa nunhas cantas semanas… ou meses. Imaxinádeo comprando o pan, os veciños que cachondeo:

–Que? Non che chegan os buratos do campo de golf, que tes que ir buscalos fóra tamén, non?

–Estás feito un golfo, Golf... o!

A prensa máis morbosa tirou da manta, e descubríronselle polo de agora (a cifra segue en aumento constantemente) unhas 12 ou 13 amigas con dereito a roce. Modelos, presentadoras, actrices porno, caixeiras de supermercado... Coñécese que o sr. Woods gosta de practicar o salto do Tiger, con diferentes mozas cada vez. Si, o chiste é malo de carallo. Seino.

O caso é, que me acordei deste tipo, agora que está a pasar un mal momento no seu matrimonio (parece ser que a súa señora non acaba de admitir o tema das amantes... que muller máis exquisita). A cousa é que este luns, pesquisando pola internet unhas fotos dunha das mozas de Tiger, atopei unha nova moi, pero que moi curiosa. Curiosa e até me atrevería a dicir que... desagradábel tamén. Tivo lugar en Bogotá, onde un home decidiu autocastrarse para non lle ser infiel á súa dona. O tipo, crente en exceso atendía a un consello da Biblia que di así: “se a túa man ou o teu pé te fan pecar, córtaos e tira con eles, porque máis vale entrar na vida eterna manco ou coxo que ser destinado ao lume do inferno coas túas dúas mans e os teus dous pés". Vese que o home tiña a tentación e antes de facer ren pois... decidiu cortar o problema pola raíz. Concretamente pola raíz dos c...

Tiger Woods non tomou esa decisión, é a súa ducia de jamelgas seguro que lle están agradecidas. De feito, eu penso que no seu caso, a tentación asaltouno xa deitado na cama coa oitava das súas conquistas. Pero ben, o caso é que agora deberá pagar caros eses “flirteos” pois deberá pagarlle á súa muller unha cantidade insultante no divorcio, se este se produce. De ser así, con 300 millóns para a sra. Woods este sería o máis caro da historia, superando así o de Paul McCartney, que tivo que pagar tamén unha boa cantidade de pavos á súa ex-muller. Dende entón que lle quedou esa cara de parvo... está flipando aínda o tío.

Como resultas de todo esta lea, dise tamén que Tiger Woods deixará o golf profesional. Sen traballo tampouco na publicidade (os sponsors están retirándolle os apoios) Que camiño percorrerá agora o futuro laboral de Tiger? Atenderá os consellos da súa amante actriz X e probará sorte no cinema para adultos? Algúns títulos que podería protagonizar:

–Prácticas de golf na cama do meu loft

–Xogamos ao golf un anaco? Eu poño o pau e ti o burato

Aí o deixo.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río