Redacción . Unha empresa da Tecnópole de Ourense lanza 'Telwork', o primeiro paquete integral de solucións para teletraballo baseado nunha plataforma de software libre.
A empresa Conexiona Telecom, que desenvolve a súa actividade no Parque Tecnolóxico de Galiza (Tecnópole), en Ourense, acaba de lanzar 'Telwork', o primeiro paquete integral de solucións para teletraballo baseado nunha plataforma de software libre. O directivo da empresa Xosé Antonio Losas resaltou que con este programa se pode trasladar "por completo" o posto de traballo ao domicilio. Conexiona negocia agora cun grupo de telecomunicacións de ámbito estatal interesado na distribución do produto. Con esta aplicación, segundo dixo, poderase ter acceso dende o propio domicilio do traballador ás comunicacións ou informacións da súa oficina, como é o caso da telefonía, as bases de datos ou a videoconferencia. Ademais, supón un "grande aforro" de custos e espazo. A aplicación desenvolveuse baseándose na tecnoloxía IP Asterisk, unha plataforma de software libre que segundo explicaron "supón un investimento moi pequeno".
Edificio da Tecnópole en San Cibrao das Viñas, Ourense
Descargar Tarifas