PUBLICIDADE
Mércores, 17 de marzo de 2010
BLOG JAVI VAZQUEZ
Javi
Vázquez
Emprendedor en TIC
Internet e tecnoloxía? Que inventen outros!
O Goberno de España, novo 'reseller' oficial de Microsoft
O Goberno de España conseguiu por fin dilapiladar o pouco creto que lle restaba no referido a tecnoloxía e Internet. A semana pasada asistimos á soada bronca por utilizar a Lei de Economía Sostible como sostén da industria de copia de CDs e DVDs (antes gravación de cintas), ante a súa incapacidade para sosterse por si mesma. Esta, o Ministerio de Educación malvende a educación na escola 2.0, o futuro do novo modelo económico, a unha multinacional tecnolóxica norteamericana 'condecorada' en repetidas ocasión pola UE por practicas monopolistas a abuso de posición de mercado. Por resumir, votamos os cidadáns, pero en Internet e tecnoloxía mandan os lobbies e as multinacionais, co Goberno de 'partner' prescriptor das súas solucións e servicios. É a era do goberno 'reseller'.
 11.12.2009 | 17:40

Bill Gates -o maior accionista de Microsoft- visitou ao presidente Zapatero en maio pasado para convencelo de que os portátiles dos nenos españois deberían levar Microsoft Windows instalado. Non llo boto en cara, o fin e ao cabo, foille vender o seu producto. 

Foi coma un vendedor de enciclopedias que vai de porta en porta, pero coa seguridade de que lle ían a invitar a pasar e tomar un cafeliño mentres explicaba o ben que quedarían os 25 tomos da enciclopedia no salón. Canto máis tomos mellor, porque as enciclopedias de 25 tomos son para adornar, deixarnos de intelectuais e estudiosos ante as visitas, ninguén comproba a calidade do de dentro...

Por desgraza, Zapatero non entendou ben a Bill, cousa do English o do analfabetismo tecnolóxico, vai ti saber. Poucos días despois, afirmaba nun mitín en Extremadura que o vendedor de enciclopedias de 25 tomos lle dixera que Extremadura era líder e referencia mundial pola extensión das tecnoloxías grazas ao software libre...

Gates loubando a experiencia extremeña de decenas de miles de ordeadores con software libre nas escolas? Que mal vendes Bill! Non home non,   referiase a Aragón e a tablets con Windows na escola (un desastre de proxecto, por certo). Zapatero, en English e tecnoloxía "cero patatero", como diría o anterior no cargo, dotado co mesmo nulo coñecemento námbalas dúas materias.

Con malentendido e todo, acabamos mercando a enciclopedia: O Ministerio de Educación ven de firmar un convenio con Microsoft para mercar Windows a 8 euros, cun 90% de "desconto", o cal pode ser aproveitado polas comunidades autónomas que o desexen.

O malo do Windows é que se asemella demasiado á droga: non sabes que leva dentro (coma a enciclopedia, mira ti), xenera adicción e a primeira dose é case gratis. Xa veremos como sae de prezo a seguinte...

Porén, o problema grave non é so o analfabetismo tecnolóxico da clase política, senón a súa teima por non aprender. En España temos aló menos 2 comunidades gobernadas polo PSOE con experiencias de notable na implantación de software libre na escola: Andalucía e Extremadura. Manda carallo cos políticos!

E que fas cando nin sabes nin queres aprender? Faste "reseller", adícaste a prescribir e revender servizos e productos de outros, ainda que sexa duns sancionados por prácticas monopolistas e do outro lado do océano, por diante do coñecemento libre e o aforro económico que tes na casa. Parafraseando a Unamuno: "¡Que inventen eles!"

En troques da Wikipedia mellorada e completada na casa, eliximos a enciclopedia de 25 tomos do vendedor ambulante, para quedar ben ante as visitas... O Goberno Español xa é "reseller" oficial de Microsoft, imos buscar a bandeira na sección de partners...

Ah, por certo, pediremos que distribúan os Windows en CDs, non? Así pagamos o canon e contentamos tamén á industria de copia de CD e DVDs... Viva a Lei de Economía Sostible: sosténs e CDs de Windows para tod@s!

E para rematar, falando da Terra: Feixóo cumprirá a promesa electoral e apostará polo software libre na Escola 2.0 galega, verdade? Alguén sabe como está o tema en Galicia?

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río