Redacción . A obra 'Retrato da Xeración de 1950' de Manuel Pérez Rúa resultou galardoada co premio de ensaio Ramón Piñeiro, impulsado pola Editorial Galaxia, a Fundación Gas Natural-Unión Fenosa e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, polo seu retrato de como se produciu o cambio social durante e tras a transición democrática en Galiza a través da visión e explicación de 30 testemuñas directas.
A obra Retrato da Xeración de 1950 de Manuel Pérez Rúa resultou galardoada co premio de ensaio Ramón Piñeiro, impulsado pola Editorial Galaxia, a Fundación Gas Natural-Unión Fenosa e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, polo seu retrato de como se produciu o cambio social durante e tras a transición democrática en Galicia a través da visión e explicación de 30 testemuñas directas.
Dase a coñecer o premio de ensaio Ramón Piñeiro.
O secretario do xurado, Carlos Lema, explicou en rolda de prensa que se premiou a redacción de Pérez Rúa pola súa "orixinalidade" no tema e o enfoque, na elaboración dunha "historia oral" dunha xeración que protagonizou o cambio social e político da transición e o paso dunha ditadura a unha democracia.
Así, trátase dunha "microhistoria" que narra o paso cara á "Galicia contemporánea" a través dunha "historia da vida privada" de varias testemuñas e de como viviron o paso dunha sociedade "rural" a unha "moderna" e máis urbana.
O secretario do xurado, Carlos Lema, explicou en rolda de prensa que se premiou a redacción de Pérez Rúa pola súa "orixinalidade" no tema e o enfoque, na elaboración dunha "historia oral" dunha xeración que protagonizou o cambio social e político da transición e o paso dunha ditadura a unha democracia.
Así, trátase dunha "microhistoria" que narra o paso cara á "Galiza contemporánea" a través dunha "historia da vida privada" de varias testemuñas e de como viviron o paso dunha sociedade "rural" a unha "moderna" e máis urbana.
O premio
O director da Editorial Galaxia, Víctor Freixanes, destacou que o Premio de Ensaio Ramón Piñeiro "como unha contribución" que presenta unha traxectoria de "oito ou nove anos" na que se intentou fomentar "un xénero que non está suficientemente atendido".
Ademais, valorou a colaboración entre "os tres alicerces da sociedade" –política, economía e cultura– que traballaron para "unir vontades no país do minifundio" e considerou que, canto máis forte sexa esta colaboración, "máis capacidade terá o país para gobernarse a si mesmo".
Pola súa banda, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, incidiu na "consolidación deste premio" e a necesidade de que existan "máis esforzos para visibilizar o galego nos xéneros de produción escrita" e que "hai que seguir apoiando de face a futuras edicións".
Visións do cambio
O autor da obra describiu o texto como "un xeito de entender o cambio social en 50 anos", elaborada mediante entrevistas e conversacións con 30 persoas en Pontevedra e cuxas visións foi estruturando e configurando a modo de crónica.
"Un percorrido de como unha persoa nacida en familia humilde chegou a traballar na Citröen", sinalou, para destacar que a súa obra "axuda a ilustrar o transvasamento" de poboación do mundo rural ao urbano.
Trátase dunha xeración, segundo indicou, que "non tivo que emigrar, non tivo que ir ao mar" e que reflicte unha sociedade na que o sistema educativo se adaptou "a outro tipo de empregos" e ás "necesidades" que ían xurdindo.
Descargar Tarifas