PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Fronte ás campañas de descrédito
Cuba reitera o seu apoio á homosexualidade

Redacción .  O Centro Nacional de Educación Sexual (CENESEX) de Cuba –institución dirixida por unha filla de Raúl Castro– denunciou recentemente a campaña de descrédito que sofre o país e que o acusa de homófobo.

Reloxo 11.12.2009 | 07:16

Cartaz na Facultade de Psicoloxía dunha das xornadas organizadas pola Centro Nacional de Educación Sexual (CENESEX), conxuntamente coa Unión de Jóvenes Comunistas, a Federación Estudiantil Universitaria e a Casa Estudiantil Universitaria Cartaz na Facultade de Psicoloxía dunha das xornadas organizadas pola Centro Nacional de Educación Sexual (CENESEX), conxuntamente coa Unión de Jóvenes Comunistas, a Federación Estudiantil Universitaria e a Casa Estudiantil Universitaria. Xesús Vaamonde Esquerda   1 / 2  Dereita  

O organismo da Educación Sexual en Cuba vén de denunciar os ataques de diversas organizacións que acusan a illa de emprender unha campaña contra a homosexualidade. A asociación española Colegas emitira un comunicado no que falaba do suposto arresto de seis homosexuais cubanos e ofrecía cifras semellantes dos anos 2008 e 2009. O CENESEX desvinculou as detencións á condición sexual das persoas.

Ademais, a institución dirixida pola especialista Mariela Castro –filla de Fidel Castro– lembra outras campañas da asociación española contra o CENESEX, como a organización dunha marcha polo Orgullo Gai en La Habana como contraacto á Xornada Cubana contra a Homofobia –apoiada por institucións oficiais e ONG da illa. “Recibiron apoio loxístico e financeiro da Unity Coalition of Florida a sete organizacións LGBT (lesbianas-gais-bisexuais e transexuais) que foron creadas ao efecto”. O CENESEX sinala que “houbo máis xornalistas” para cubrir o acto “que asistentes”.

Descrédito sistemático

A asociación madrileña Colegas ten organizado con fondos da Comunidade de Madrid e co apoio do PP, xornadas nas que se cuestiona o respecto á homosexualidade na illa.

O CENESEX denuncia o descrédito sistemático que sofre Cuba e rexeita “categoricamente” os ataques de asociacións como Colegas, “que son mostras da arrogancia, da falta de respecto, do odio e do enfoque politizado co que se pretende manipular a realidade das persoas LGBT en Cuba”. “Ás e aos transexuais cubanos que por delitos comúns cumpriron sentenzas, garantíuselles a atención de balde polos nosos especialistas nas prisións”, explica o centro.

Actividades da CENESEX

O Centro Nacional de Educación Sexual (CENESEX) de Cuba organiza proxeccións de documentais e películas, conferencias, debates a prol do respecto á libre orientación sexual. Baixo o lema “diversidade é natural”, o CENESEX ofrece desde a súa páxina web información actualizada e científica sobre o colectivo LGBT co fin de derribar tabús e prexuízos.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río