Redacción . Medio Ambiente non ten informes sobre a poboación do raposo porque di que non é unha especie protexida nin en perigo de extinción e destaca a actitude dos cazadores fronte ás “provocacións intolerantes" dos ecoloxistas.
Reportaxe sobre a caza do Rapoxo.
Un problema de sensibilidades entre cazadores e ecoloxistas pero non de legalidades. A Consellaría de Medio Ambiente situouse á marxe da polémica xerada en torno á caza do raposo en Galiza, tras a tensa xornada vivida o domingo en Portomarín con motivo do Campionato de Caza de España, que acabou cun ecoloxista detido e a presentación de denuncias contra algúns cazadores por agresións. "Dez matarifes armados fronte a catro rapaces" Dende as organizacións opositoras á caza do raposo resaltan que os datos de Medio Ambiente están falseados, e resaltan, na crónica da xornada que"agora a novidade é que dez matarifes armados teñen que chamar á Garda Civil para que os defenda de catro rapaces, case nenos, que van tras eles tocando un chifre".
Dende Medio Ambiente sinalaron que na consellaría non teñen ningún informe sobre a poboación de raposos, xa que non se trata dunha especie de especial protección nin en perigo de extinción. Así, deron autorización para o campionato porque cumpría todos os requisitos legais.
“A caza está autorizada, mentres cumpran os requisitos como ter licenza, usar as armas regulamentarias e cazar nos terreos habilitados e con permiso”, sinalan dende Medio Ambiente.
A cifra oficial: 69 raposos mortos
A xornada do domingo reviviu a experimentada o ano anterior no Carballiño, con malas novas para a poboación de raposos porque o número de exemplares mortos aumentou (69 fronte aos 63 da anterior edición, segundo as cifras oficiais). Dende “Matar por matar non” critican a falta de diálogo da Federación de Caza xa que “non lles interesa o debate público”, mentres a directiva desta defende que se trata dunha “práctica legal”.
Parabéns aos cazadores
"De entrada destacar a grandísima e boa organización que fixo a Federación Galega de Caza e o bo comportamento dos cazadores, que en ningún momento entraron ao trapo das provocacións dun colectivo que, ten o seu dereito a manifestarse, pero que en todo momento coartó a liberdade a cazar", lamentou.
"Actividade necesaria"
Así mesmo, puntualizou que a Copa de España de caza de raposos é "unha actividade regulada, necesaria e conveniente, que a consellería regula".
En todo caso, puntualizou que a consellería non vai denunciar esta actitude dos colectivos ecoloxistas ante a xustiza, dado que non foi "o ente que organizou o campionato". Desta forma, argumentou que denunciar ante o xulgado os prexuízos causados sería competencia da propia Federación Galega de Caza, promotora deste evento.
Descargar Tarifas