Redacción . A Dirección Xeral de Emerxencias transmitiu o aviso de alerta laranxa por mar de fondo para hoxe no litoral galego debido a un episodio adverso por fenómenos costeiros que están a afectar a toda a costa dende, aproximadamente, as 3h00 da madrugada.
Segundo informaron fontes da Xunta, agárdase que o mar de fondo do Noroeste chegue a superar os 5,5 metros nas zonas oeste e noroeste da provincia da Coruña e os cinco metros no resto do litoral da Comunidade Autónoma, tendendo a diminuír ao longo da mañá do xoves. Ante estas predicións, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, dependente da Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, advertiu da necesidade de adoptar as medidas preventivas necesarias e, no seu caso, alerten ou mobilicen os medios e recursos dispoñíbeis.
Litoral da Coruña.
Descargar Tarifas