PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Galegos en xogo
Cabanas, Iago Aspas e Diego Castro marcan

Redacción .  Ricardo Cabanas deulle o triunfo ao Grasshopper de Zurich no duelo da cidade. O pontevedrés Diego Castro marcou un golazo en Tenerife pero aínda así o seu Sporting perdeu.

Reloxo 06.12.2009 | 21:54

Ricardo Cabanas Ricardo Cabanas. Ruben Sprich/REUTERS

Con xeitos de crack marcou Diego Castro o gol do Spórting de Xixón en Tenerife. Malia todo, o equipo do galego perdeu 2-1. Na porta contraria, Aragoneses non puido facer nada para evitar o gran tanto.

Diego López foi titular polo Vilarreal na vitoria castellonense ante o Getafe (3-2). No mesmo equipo xogou o vigués Pereira, que entrou no campo no minuto 76.

O ourensán do Valladolid Borja foi expulsado no empate dos casteláns en Sevilla (1-1). No seu equipo tamén foi titular o eumés Antonio Barragán.

Alexandre Bergantiños foi titular polo Xerez na derrota andaluza na casa diante do Atlético de Madrid (0-2).

Xulio Álvarez fixo un mal partido co seu Mallorca, tendo en conta o bo partido balear diante do Zaragoza (4-1). Foi substituído no minuto 65.

Paulo Álvarez entrou no Deportivo no minuto 88, cando os coruñeses xa perdían 1-3 ante o Barcelona.

Segunda división

O Celta voltou ser o equipo con máis galegos en xogo. E na vitoria en Girona (1-2) tiveron moito que dicir. Iago Aspas fixo o primeiro gol vigués de penalti e foi dos mellores do partido. Hugo Mallo volveu ser substituído no primeiro tempo por gañar unha temperá tarxeta amarela que ben puido ser vermella. O de Marín é un xogador tan eficaz que ás veces abusa da agresividade. Noguerol volveu ser titular tras varias xornadas no banco. Lago afiánzase no equipo galego, igual que Joselu, que volveu ser titular no ataque vigués. No minuto 86 entrou Toni Rodríguez.

Neste mesmo partido xogou Dani Mallo. O coruñés foi suplente pero entrou tras a expulsión do porteiro titular Jorquera. Estando na porta encaixou o segundo gol céltico, de Botelho.

Dani Carril foi titular no Levante na igualada dos valencianos na casa fronte ao Recreativo de Huelva (1-1).

Nano foi titular no Numancia na vitoria dos sorianos na casa fronte ao até onte líder da segunda, o Cartagena de Rubén (2-1), que non xogou ese partido.

Outras ligas

Ricardo Cabanas foi titular co Grasshopper e marcou o único gol do duelo ante o Zurich (1-0).

Carlos Varela estivo no once inicial do Neuchatel Xamax na derrota en Berna perante o Young Boys (1-0).

Nacho Novo tamén foi titular no Glasgow Rangers, tras a polémica da semana pasada. O ferrolán non marcou na vitoria fronte ao Falkirk (1-3) e acabou substituído no minuto 62.

Paulo Couñago foi suplente no Ipswich Town no empate na casa do Bristol City (0-0). Entrou no minuto 55.

Gonzalo García entrou no minuto 74 na derrota do Groningen na casa do Feyenoord (3-1).

 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río