PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Manifestación de Causa Galiza en Compostela
Centos de persoas a prol do soberanismo

Europa Press Unhas 200 persoas, convocadas pola plataforma independentista Causa Galiza, manifestáronse hoxe polas rúas de Santiago de Compostela baixo o lema 'Sobre nós, decidirmos nós. Soberanía e democracia' co obxectivo de protestar polo "contido antidemocrático" da Constitución Española e reclamar o dereito de autodeterminación.

Reloxo 06.12.2009 | 20:55

Intre da manifestación de Causa Galiza o 6 de decembro en Compostela Intre da manifestación de Causa Galiza o 6 de decembro en Compostela. Jéssica Barcala/AGN

O voceiro da plataforma Bráulio Amaro comentou, en declaracións aos medios, que o 6 de decembro "non é un día para celebrar nada", senón para demandar, segundo dixo, "o dereito á soberanía". Amaro invitou á sociedade galega a unirse a "unha ampla tradición soberanista", que ten as súas raíces nos irmandiños ou os arredistas, para conformar un "movemento que nunca se perdeu".

Así, referiuse ás "posicións autonomistas" do BNG, que segundo lamentou, "renuncian ao dereito de autodeterminación" e explicou a intención de "crear unha masa crítica" parecida aos movementos deste tipo que teñen lugar en Cataluña ou Escocia. Deste modo, incidiu en que Causa Galiza abarca persoas de diferentes formacións políticas, entre as que se atopan dúas grandes tendencias formadas por independentistas e soberanistas "de amplo espectro".

Por outra parte, unha das voceiras de Causa Galiza, Charo López, explicou que este é o terceiro ano que empregan o 6 de decembro para demandar que "31 anos despois, a Constitución Española segue sen servir". Así mesmo, recordou o "dereito básico de todos os cidadáns" de realizar esta reivindicación e invitou á reflexión para "pensar como cambiaría" a situación de Galicia nos ámbitos laborais, sociais ou culturais.

A marcha partiu da Alameda e transcorreu, sen ningún tipo de incidente, até a Praza do Toural. Durante a manifestación puidéronse escoitar diversas consignas a favor da autodeterminación e a organización Ceivar despregou unha pancarta na que se podía ler: 'Sen un só independentista en prisión'.

No discurso realizado na Praza do Toural, Bráulio Amaro lamentou a actitude do Concello de Santiago por "imposibilitar" o acceso a instalacións públicas para exercer "o dereito de manifestación". Ademais, referiuse á "raquítica descentralización administrativa" recollida no texto constitucional e no Estatuto de Autonomía.

Por último, lamentou a "belixerante estratexia españolista" levada a cabo, segundo subliñou, polo PP dende a súa chegada ao poder, "logo de catro anos de goberno continuista co fraguismo de PSOE e BNG".

Durante todo o día a plataforma ten previstas diversas actividades como unha comida popular, proxeccións audiovisuais e actuacións de grupos como Ataque Escampe, Homes sem Medo, e Mini e Mero.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río