PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
CONVOCATORIAS NA CORUÑA, OURENSE E COMPOSTELA
Protestas en Galiza contra o feche de webs sen sentenza

M. V A partir das oito da tarde haberá manifestación en case todas as cidades do Estado. En Galiza comezan a agromar tamén as primeiras convocatorias.

Reloxo 04.12.2009 | 10:37

Protesta contra a SGAE en Santiago en 2008. Bocixa/Raquel Rey A Rede ferve de protestas contra a pretensión do Ministerio de Cultura de fechar webs sen sentenza dun xuíz. A masiva difusión do Manifesto "En defensa dos dereitos fundamentais na internet" obrigou ao presidente do Goberno a ter que prometer que sempre prevalecerá a liberdade de expresión.

Con todo, as protestas aumentan e agora saltan as rúas. Hai centos de concentracións convocadas espontaneamente en todo o Estado a partir das 20 horas da tarde.

Así, en Galiza están previstas as seguintes, segundo informacións recompiladas en diversos blogs e redes sociais:

  • Santiago de Compostela; fronte sede de la SGAE, na Rúa das Salvadas .
  • Ourense; fronte a subdelegación do Goberno, no parque de San Lázaro.
  • A Coruña; fronte  a subdelegación do goberno,  na praza de Ourense.

Trátase de convocatorias descentralizadas, sen que ningún ente asuma a responsabilidade e, polo tanto, sen a necesaria comunicación previa á Delegación do Goberno.

Hai convocatorias similares no Estado; incluídas grandes capitais como  Madrid, Valencia e Barcelona. En Madrid, os internautas protestarán fronte ao Ministerio de Cultura.

O PP PIDE A DIMISIÓN DE GONZÁLEZ-SINDE
A Asociación Internautas prepárase para unha mobilización prolongada
O presidente da Asociación de Internautas, Víctor Domingo, sinalou hoxe que desde a súa asociación planean establecer un "calendario de accións e unha estratexia dentro da rede" e anunciou que non descartan "convocar actos na rúa", segundo explicou a Europa Press.

"As manifestacións de mañá serán as primeiras pero non van ser as últimas", advertiu Víctor Domingo, quen tamén espera manter reunións cos distintos grupos parlamentarios para que "boten atrás" o anteproxecto de Lei de Economía Sostible.

"Como non é a primeira vez que sucede, a rede está coa mosca detrás da orella. E débese de establecer unha seguridade de que isto non a vai seguir así todos os días", concluíu Víctor Domingo.

Por vez primeira na historia, a protesta dos internautas é o asunto do día nos principais diarios estatais. O PP xa aproveitou para pescar en augas revoltas e pedir a dimisión da ministra por ser “desautorizada” por Rodríguez Zapatero.
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río