PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
O ESTADO APOIA A DIFUSIÓN ENTRE AUTONOMÍAS
A TVG verase no Bierzo se hai intercambio de TDT

Redacción .  Que a televisión pública de Castela León tamén se poida ver en Galiza e que haxa un pacto entre as dúas autonomías. Estes son os condicionamentos que esixe a lei para que a TVG poida seguir véndose nas comarcas galegofalantes de Castela, segundo explica un portavoz do Ministerio de Industria.

Reloxo 02.12.2009 | 09:42
TAGS: tdt , bierzo , sanabira , asturias , tvg , galego ,

Un momento do 'Telexornal serán' na TVG Un momento do 'Telexornal serán' na TVG. TVG

O portavoz da Oficina Nacional de Transición á Televisión Dixital Terrestre (TDT) do Ministerio de Industria, Ignacio León, confirmou que a normativa permite que o sinal da Televisión de Galicia (TVG) entre no territorio limítrofe da comarca leonesa do Bierzo.

Ignacio León manifestou onte, en rolda de prensa en Ponferrada, que "tivemos hai pouco a consulta oficial por parte da Xunta acerca desta cuestión".

A resposta a esta consulta foi que "o Ministerio permite este tipo de solucións e, de feito, estanse dando xa en numerosas comunidades autónomas".

León precisou que "a única condición que pon é que haxa un convenio entre as dúas administracións autonómicas vinculadas e que sexa un convenio de forma que haxa un intercambio", de tal modo que nas dúas comunidades implicadas no acordo se poidan ver os sinais das súas respectivas televisións autonómicas.

O portavoz da Oficina Nacional de Transición á TDT recalcou que "o Ministerio simplemente dá esta cobertura, esta posibilidade permítea e xa está en mans das dúas administracións autonómicas a negociación, o estudo deste convenio".

O subdelegado do Goberno en León, Francisco Álvarez, expresou o seu respaldo a que se produza un acordo entre Galicia e Castela e León neste sentido.

"O Bierzo está vinculado culturalmente a Galiza"

Álvarez explicou que "O Bierzo está vinculado culturalmente a Galiza, ten o mesmo substrato cultural en boa medida", e considerou que a permanencia do sinal da TVG é "unha necesidade" para esta comarca.

Até agora, os cidadáns do Bierzo e doutros territorios limítrofes de Castela e León, como Sanabria en Zamora, reciben o sinal analóxico da TVG, pero co apagamento analóxico quedarán sen a posibilidade de seguir esta canle.

Televisión Castela e León conta actualmente con dúas canles, que se emiten tanto en analóxico como en dixital.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río