PUBLICIDADE
Luns, 15 de marzo de 2010
'A AUTODETERMINACIÓN NON É UNHA UTOPÍA'
Causa Galiza ve en Escocia un exemplo para o país

Manuel Vilas O independentismo galego presenta a súa manifestación contra a Constitución o día 6 en Compostela entre críticas a un Concello de Santiago 'represor'.

Reloxo 01.12.2009 | 13:56

Rolda de prensa de Causa Galiza na Gentalha do Pichel en Santiago Rolda de prensa de Causa Galiza na Gentalha do Pichel en Santiago. Manuel Vilas Causa Galiza, plataforma que artella a gran parte do independentismo do país, organiza unha manifestación o próximo domingo. Será a partir das 12 na Alameda de Santiago para denunciar “o carácter antidemocrático da Constitución Española" co lema "sobre nós, decidimos nós, soberanía e democracia". A mobilización conta co apoio da Asemblea Local da CIG en Compostela, segundo indica a web de Causa Galiza.

Braulio Amaro, voceiro da plataforma, argumentou na rolda de prensa de presentación da protesta que “o dereito de autodeterminación non é unha utopía” na Europa actual. Así, Amaro apuntou ao exemplo de Escocia, onde o goberno prepara un referendo sobre a independencia en 2010, ou á separación de Chequia e Eslovaquia, como proba de que o mapa dos estados segue a ser flexíbel.

Aplauso para os referendos cataláns

O independentistas cualificaron de “moi positiva” a organización de referendos sobre a independencia en Cataluña. Iso si, Amaro admitiu que a base social do independentismo galego é menor que a do catalán. O voceiro atacou as medidas do Estado contra as consultas, entre as que citou o frustrado intento do Plan Ibarretxe.

Tamén houbo críticas para o alcalde de Santiago. Amaro cualificou a Sánchez Bugallo (PSdeG) de “represor” por non ceder “palcos” ou “pavillóns cubertos” para a manifestación do Día da Constitución.

Con todo, outro dos voceiros de Causa Galiza, Pedro Alonso, animou aos independentistas que militan en diferentes formacións a participar para “soldar o vínculo” e “construír un polo común de defensa” destas ideas.

Xantar, vídeos e concertos

A manifestación, que Causa Galiza comunicou á Delegación do Goberno, rematará na Praza do Toural. Despois haberá un “xantar popular” na Carballeira de Santa Susana e diversas actividades lúdicas, como proxección de obras de Gzvídeos.

Xa pola noite, haberá un concerto no que actuarán, entre outros, Mini e Mero, O Leo e Ataque Escampe.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río