Europa Press . Albert Branchadell, Fermín Bouza, Antón Losada e Mauro Fernández analizan hoxe a situación socio lingüística actual nos ámbitos galego e estatal, no marco dunhas xornadas organizadas polo Consello da Cultura Galega (CCG) que terán lugar na sede desta entidade en Compostela.
O seminario 'Lingua, política e sociedade en Galiza' comezan ás 9h30, coa presenza do coordinador do mesmo, Henrique Monteagudo; o presidente do CCG, Ramón Villares; e do secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo. Durante a primeira intervención -10h00-, Branchadell -da Universidade Autónoma de Barcelona- realizará unha análise xeral da política e os conflitos lingüísticos a nivel estatal. Posteriormente, ás 11h00, Bouza afondará neste ámbito relacionando a realidade estatal coa galega. A sesión de tarde iniciarase ás 16h00 coa conferencia de Antón Losada, que fará unha diagnose da política lingüística das administracións galegas nos últimos anos e, hora e media máis tarde, Mauro Fernández falará da evolución socio lingüística en Galiza.
Ramón Villares, presidente do CCG.
Descargar Tarifas