PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
A partir de hoxe na Coruña
Primeira mostra de cine africano en Galiza

Redacción .  A Deputación da Coruña e Casa África organizan a primeira Mostra Itinerante de Cine Africano en Galiza que se celebra dende hoxe e até o sábado, 28 de novembro na sede da Fundación Caixa Galicia da Coruña.

Reloxo 26.11.2009 | 09:44
TAGS: cine , África ,

O ciclo que arranca hoxe está conformado por cinco filmes: dúas longametraxes, dúas curtametraxes e un documental. Esta mostra inscríbese nunha iniciativa máis ampla de Casa África denominada Cinenómada, que constitúe unha aposta da entidade organizadora pola difusión do cine africano no Estado co obxectivo de achegar unha mostra da realidade cultura dese continente.

Despois do seu paso pola cidade herculina, esta mostra itinerante recalará nos concellos de Santiago e Ferrol (en ambos nas sedes de Caixa Galicia), así como en Carballo, Arteixo, Rianxo e Ribeira.

Con este ciclo preténdese achegar a realidade do continente africano á Galiza que cando os 17 primeiros países en independizarse están a punto de conmemorar o 50 aniversario da súa independencia non son máis ricos nin máis prósperos, a pesares de ser o continente máis rico en recursos naturais.

Programa

Hoxe o programa deste festival inclúe a proxección de Faro la reine des eaus, de Salif Traoré, sobre a denuncia das tradicións negativas ao desenvolvemento.

Mañá, 27 de novembro, proxectarase The Wooden Camera, de Ntshavheni Wa Luruli, sobre o post apartheid e a violencia. Posteriormente haberá unha mesa redonda na  que participarán Luis Gaviria, experto en observación de procesos electorais e axuda humanitaria; Desiré Kouakou, da Asociación Egueire Costa de Marfil; e Noelia Núñez, responsáble de Proxectos Equus Cebra.

O sábado, 28 de novembro, proxectaranse as curtametraxes Humanitarie!, de Adama Roamba, sobre a denuncia da guerra; e One goal, de Sergi Agustí, sobre a integración social. Tamén se visionará o documental Victimes de nos richesses, de Kal Touré, sobre a inmigración e o soño europeo.

O coloquio sobre o tema no que participarán Papa Diop, da Asocición Aseser Teranga; Mar Thiaw, da Asociación de Senegaleses de Ribeira; e Iria Vázquez, investigadora da Universidade da Coruña, porá punto e final a este festival.

Casa África
Casa África é un instrumento da diplomacia ao servizo da acción exterior do Estado español, constituída coma consorcio público en 2006, no marco do Plan África do Goberno de España. A súa misión é fomentar as relacións e contribuír ao coñecemento mutuo entre África e España. Con sede en As Palmas, Casa África está integrada polo Ministerio de Asuntos Exteriores, a Axencia Española de Cooperación Internacional, o Goberno de Canarias, o Consistorio de Las Palmas e os cabildos de Fuerteventura, Gran Canaria, Lanzarote e Tenerife.
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río