PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Hoxe continúa o Pleno da Cámara
O PPdeG rexeita todas as mocións do PSdeG e BNG

Europa Press Os grupos da oposición marcharon de baleiro na sesión de tarde da primeira xornada do Pleno do Parlamento, que continúa hoxe. O PPdeG rexeitou as tres mocións presentadas por PSdeG e BNG relativas á violencia de xénero, o hospital de Pontevedra e o emprego.

Reloxo 25.11.2009 | 09:02

O portavoz do Grupo parlamentario do PPdeG, Manuel Ruíz Rivas O portavoz do Grupo parlamentario do PPdeG, Manuel Ruíz Rivas. Pepe Ferrín/AGN

A sesión da tarde na Cámara galega concluíu sen ningún acordo entre os grupos, tras a unanimidade alcanzada pola mañá para iniciar o trámite dunha proposición de lei dirixida a reformar a normativa vixente en materia de caixas de aforro, que presentou o BNG.

O PPdeG rexeitou a moción formulada polo BNG, que contou co apoio dos socialistas, na que pedía  coñecer a planificación e as medidas que adoptará a Xunta en materia de violencia de xénero.

Os conservadores decidiron non referendala tras a negativa da defensora da moción, a deputada nacionalista Ana Pontón, a incorporar a emenda da parlamentaria Paula Prado encamiñada a "pedir que se axilice o que o bipartito non fixo en 21 meses", é dicir, as medidas contidas na Lei para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Hospital de Pontevedra

Este escenario repetiuse no debate sobre a construción dun novo hospital en Pontevedra, cando os socialistas lle demandaron á Xunta que rectificase e volvese á edificación desta instalación en forma de ampliación do actual complexo de Montecelo.

Durante o debate, o deputado 'popular' Miguel Santalices fixo fincapé en que o PSdeG pretendía votar "unha moción en contra da construción dun hospital en Pontevedra", e considera "inxusto" non levantar un novo na cidade. O parlamentario defendeu que esta iniciativa vai en contra dos intereses dos pontevedreses.

Fronte ao exposto, o titular da moción, Modesto Pose, alertou de que o PPdeG o que pretende é "darlle o gusto a Telmo Martín" (voceiro do PP na cidade). Ademais, entendeu que se a decisión de agora é a correcta, a actual conselleira de Sanidade, Piar Farjas, debería dimitir por pertencer ao departamento deste área na época de Hernández Cochón que falou de que sería unha "dilapidación" optar por un novo edificio en lugar de amplialo.

Pola súa banda, a deputada nacionalista Ana Luísa Bouza lembrou que reclamou polo artigo 9 do Regulamento do Parlamento o informe de Gesmédica sobre o plan funcional do hospital, no que baseou a conselleira de Sanidade a súa argumentación durante a interpretación do anterior pleno a este respecto (e da que se deriva esta moción). "Pensaba que o faría de oficio", lamentou a deputada.

Fondos de políticas activas

Finalmente, tampouco saíu adiante unha moción do PSdeG sobre os criterios para a repartición dos fondos de políticas activas que debería defender a Consellaría de Traballo na conferencia sectorial en materia de emprego. Para o PPdeG, esta iniciativa é "extemporánea" porque -considerou- non se poden prever os parámetros para 2013.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río