PUBLICIDADE
Xoves, 11 de marzo de 2010
O Consorcio ve 'incoherentes' as protestas dos traballadores de I+B
Benestar porá en práctica programas para menores e familias

Redacción .  A Consellaría de Traballo, a través da Secretaría Xeral de Familia e Benestar, asegurou hoxe que durante 2010 desenvolverá un total de 21 programas dirixidos a menores e 15 relacionados coas familias entre as accións que xa están en marcha e proxectadas para os próximos meses.

Reloxo 24.11.2009 | 18:59

Beatriz Mato, conselleira de Traballo e Benestar Beatriz Mato, conselleira de Traballo e Benestar. Jessica Barcala/AGN

Benestar prevé no primeiro semestre de 2010 poñer en marcha unha axuda en materia de educación familiar que chegará arredor de 200 concellos e a 7.000 profesionais para a “realización de accións de carácter preventivo”.

Este departamento tamén anunciou que xa está en marcha un programa de apoio ás familias monoparentais, unha iniciativa dotada no presente exercicio con 150.000 euros e que conta actualmente con 400 beneficiarios.

Outras das actuacións dirixidas ás familias auspiciadas por Benestar son os programas de Educación Familiar e Mediación Familiar, a prestación económica de pago único por fillos menores de 3 anos, o carné familiar, as accións de educación familiar, Preescolar na Casa, gabinetes de orientación familiar e un programa de tempo libre en residencias, así como un punto de encontro familiar en cada unha das sete cidades galegas.

No relativo aos menores, a Consellaría anunciou que traballa en distintas iniciativas de protección de menores nos medios de comunicación e Internet, así como nunha acción de acollida residencial ou familiar para menores en situación de desamparo entre outros proxectos.

Manifestación I+B

Sobre a manifestación desta mañá dos empregados das oficinas I+B en  protesta polo despido de 61 traballadores e o reclamo dun convenio, o Consorcio explicou que “todas e cada unha das reivindicacións son cuestións que se arrastran dende antes da chegada da actual Xerencia”.

O Consorcio aclara que non foron despedidas 61 persoas, senón que se trata “dunha extinción de contratos temporais pola terminación de determinados plans”.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río