PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
A iniciativa do BNG
Apoio unánime do Parlamento á reforma da lei de caixas

Redacción .  O portavoz de Economía do Grupo Parlamentar do BNG, Fernando Blanco, felicitouse polo acordo unánime adoptado hoxe na Cámara a favor da toma en consideración do Proxecto de Lei de Caixas presentado polos nacionalistas e asegurou que supón unha boa nova para o conxunto dos galegos ao enviar unha mensaxe clara tanto á sociedade como aos directores das caixas: 'os intereses de Galiza por riba'.

Reloxo 24.11.2009 | 14:55

Fernando Blanco, portavoz de Economía do BNG no Parlamento Fernando Blanco, portavoz de Economía do BNG no Parlamento. AGN Blanco defendeu a proposta nacionalista como un “proxecto aberto”, para conseguir que sexa a “Lei de Caixas do conxunto de Galiza”, que permite dotar o Goberno dunha “ferramenta” para marcar o camiño e dicir por onde cómpre ir. “Nós non podemos obrigar á fusión pero si vetar calquera acordo que vaia en contra dos intereses do país”.

O deputado do BNG xustificou a presentación deste proxecto ante a falta de “dirección” e de “liderado” amosado até o de agora polo presidente da Xunta para marcar ese escenario e regras de xogo,“aquí chegouse tarde, como no debate do financiamento, e por iso tivemos que tomar a iniciativa outros”.

O parlamentar lembrou que está en xogo o tecido social, financeiro e empresarial do País, de aí a importancia deste debate malia que algúns, criticou, semella non son conscientes da súa responsabilidade histórica.

Galeguidade das caixas

Recordou tamén que o propio Parlamento, a iniciativa igualmente do BNG, manifestou hai quince días que esta lei é necesaria, votando unanimemente a favor dunha moción que compromete o Goberno a garantir que os centros de decisión destas entidades permaneza en Galiza e á redacción desta nova lei.

Para Blanco, entre os aspectos máis salientábeis do proxecto aprobado están a participación da administración galega nos Consellos de Administración, nunha porcentaxe do 20 por cento, que permita “estar presentes” e coordinar políticas para rendibilizar mellor o aforro dos galegos.

O deputado tamén se referiu á mellora da xestión das caixas, para garantir unha maior transparencia e unha maior democratización dos seus órganos de goberno, e á creación da Comisión de Retribucións e un Comité de Investimentos que realmente sexa operativo, ambos con participación da administración galega.

Segundo o parlamentar, cómpre facerlles fronte aos “intereses dalgúns” que cuestionan a propia existencia das caixas e están tentando abrir o camiño para que a longo prazo os bancos se convertan nos seus propietarios. “Este é outro dos riscos aos que nos enfrontamos, non só que perdan a súa vinculación con Galiza senón que incluso desaparezan”, de aí a necesidade de aproveitar unha oportunidade como o debate de hoxe para sacar adiante a “ferramenta” que serva para que as caixas sigan sendo galegas.

Diferenzas sobre o peso da Administración
Malia que a reforma foi aprobada por unanimidade dos tres grupos políticos, PP, PSdeG e BNG manteñen diferenzas sobre a canto debe ascender a presenza de representantes da Administración galega nos consellos de administración das entidades financeiras.

De feito, mentres o BNG apostou por que a presenza da Xunta alcance un 20 por cento e que os seus representantes teñan "voz e voto"; o PSdeG defendeu a "presenza" do Goberno galego aínda que rexeitou a "politización" das caixas; e os populares fixeron fincapé na necesidade de "seguir garantindo a independencia e profesionalidade" dos consellos, aínda que avogaron por "aumentar o protectorado" da Administración.
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río