Manuel Vilas . O presidente da Xunta saudou dúas veces aos mandatarios de Caixanova e Caixa Galicia, unha diante dos fotógrafos de prensa e outra fronte aos cámaras de televisión. A anécdota ilustra até que punto a reunión desta mañá era clave para Alberto Nuñez Feixóo na súa estratexia de responsabilizar ás caixas do probábel fracaso dunha fusión 'á galega'.
Pero o líder conservador non se quedou en xestos. Feixóo gardaba un as na manga. O presidente aproveitou a reunión cos mandatarios das entidades para anunciar por sorpresa que o PP apoiará a toma en consideración da reforma da Lei de Caixas. Minutos despois todo o Parlamento de Galicia votaba a prol desta iniciativa, presentada por Fernando Blanco, ante a sorpresa dos deputados nacionalistas e socialistas. O poder político amaga con controlar máis o poder financeiro Trátase dun verdadeiro 'órdago' da clase política galega a Xulio Fernández Gaioso (presidente de Caixanova) e Xosé Luís Méndez (director xeral de Caixa Galicia) no intre en que se está a decidir o futuro das caixas. O propio Feixóo lembroulles nunha multiudinaria rolda de prensa que un dos obxectivos da reforma é “reforzar as labores de protectorado” da Xunta sobre as caixas. Iso si, mantendo “a independencia na xestión operativa”. Ultimato de dez días para unha postura común Ademais, o presidente entregoulles as caixas o seu informe, que, malia ser confidencial, parece que aposta por unha fusión. Méndez (Caixa Galicia) e Gaioso (Caixanova) teñen un ultimato de San Caetano. Unha semana para que estuden conxuntamente a documentación e se pronuncien publicamente sobre se queren unha fusión entre elas ou apostan por alianzas foráneas. A primeira xuntanza a tres partes será mañá, baixo a supervisión da conselleira de Facenda.
Gaioso, Feixóo e Méndez.
1 / 2
“Compartimos que Galicia non debe nin pode nin debe permitirse desaparecer do mapa financeiro” dixo Feixóo. Os obxectivos “óptimos”, que non imprescindíbeis, son que as novas caixas teñan “solvencia e galeguidade”.
“Temos unha diagnose que compartimos, agora toca poñerse de acordo”, concluíu Feixóo a súa esperada comparecencia.
Descargar Tarifas