PUBLICIDADE
Venres, 12 de marzo de 2010
Manifestación e folga
Centos de persoas contra os despidos nos centros de I+B

Europa Press Máis de 500 persoas manifestáronse este martes polas rúas de Santiago contra o despedimento de 61 empregados das oficinas de I+B, dependentes do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, dando inicio a unha xornada de folga que paralizou 'perto do cento por cento' do servizo.

Reloxo 24.11.2009 | 13:11

Protesta dos traballadores do Consorcio de Servizos Sociais en San Caetano Protesta dos traballadores do Consorcio de Servizos Sociais en San Caetano. Manuel Vilas

Entre sirenas, golpes de tambor e consignas como 'de calidade, servizos públicos' e 'López Abella, dimisión', o secretario xeral da CIG-Ensino, Anxo Louzao, destacou en declaracións aos medios, que a convocatoria "está secundada maioritariamente" e pediulle á Xunta "que tome nota" para que "non haxa ningún despedimento".

Precisamente, o portavoz do sindicato acusou a Consellaría de Traballo e Benestar de despedir 61 dos 104 empregados nas oficinas I+B e pediu que se convoquen as oposicións para o Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar, que está "paralizada".

En caso contrario, o secretario xeral anunciou que o sindicato continuará "as mobilizacións" para esixirlle ao Executivo galego un cambio na situación actual do servizo.

A comitiva de centos de manifestantes, que partiu ás 11h30 da Praza do Toural en Santiago portando a pancarta co lema 'Convenio, estabilidade e oposicións xa!', percorreu as rúas do casco antigo en dirección á Xunta mentres esixía a dimisión da actual secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río