PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Debate no Pleno
Blanco: 'Coa lei eólica do PP volvemos á espoliación dos nosos recursos'

Redacción .  O deputado do BNG Fernando Blanco advirte de que a nova Lei Eólica do PP 'presenta unha grande inseguridade xurídica e reduce a protección medio ambiental'.

Reloxo 24.11.2009 | 12:41

Fernando Blanco no Parlamento Fernando Blanco no Parlamento O portavoz de Economía do BNG, Fernando Blanco, asegurou que “co Decreto Eólico do Goberno Bipartito púñase por primeira vez a enerxía ao servizo de Galiza, mentres que coa nova Lei Eólica do Goberno do PP volvemos á espoliación dos nosos recursos, sen contrapartidas para Galiza”.

Fernando Blanco subliñou que co decreto eólico do bipartito “garantíase o retorno de riqueza para o país; respectábase o medio ambiente e garantíase a seguridade xurídica”. “Ningún destes requisitos os cumpre agora a nova norma do Goberno de Feixóo, e por iso se queren protexer a través dunha lei”.

Así, o deputado do BNG defendeu a participación pública que se contemplaba no anterior decreto eólico, “algo fundamental para xerar beneficios públicos, e porque en calquera país é necesaria nun sector estratéxico como é a enerxía, tal e como xa fixera a Xunta de Galiza en Reganosa e noutras empresas”.

Menos protección medio ambiental

Ademais, Fernando Blanco lembrou que o decreto eólico “tiña como obxectivo poñer a enerxía ao servizo do desenvolvemento industrial do país e abrir o mercado da enerxía ás empresas galegas a través dun proceso de competencia e selección”.

Neste sentido, denunciou que “se rompeu co couto pechado das grandes eléctricas que espoliaban os nosos recursos, pero pagaban impostos e xeraban riqueza fóra no noso país, un modelo que implantou o Goberno do PP nos 16 anos anteriores e ao que vostedes queren volver”.

Por outra parte, o deputado do BNG denunciou que coa nova lei eólica do Goberno de Feixóo “pérdense garantías medio ambientais, porque non exclúen os espazos da Rede Natura e non prevén a obriga de que todos os parques eólicos teñan que ser sometidos á avaliación de impacto ambiental”.

Inseguridade xurídica do canon
En canto á supresión da participación pública da Xunta de Galiza no accionariado e a súa substitución por un canon eólico, o parlamentario nacionalista advertiu de que “non é máis ca un argumento para defender a súa lei eólica perante a sociedade”.

Ademais, advertiu de que “tal e como está formulado presenta importantes erros técnicos e xurídicos, porque non parece lóxico que por unha parte incentivemos as enerxías renovábeis con axudas públicas e logo as gravemos cun canon”.

A este respecto, alertou de que “é posíbel que ao final o canon pode provocar que suba o recibo da luz e sexa pagado polo conxunto da sociedade”.
Modelo colonial
Por último, Fernando Blanco subliñando que “o Goberno bipartito modificou as regras de xogo impostas, poñendo a enerxía eólica ao servizo do país, e abrindo a participación ás empresas galegas”.

“Vostedes –concluíu– volven ao modelo anterior onde empresas de fora espolian os nosos recursos enerxéticos sen que nada quede en Galiza, e iso ten un nome: é un proceso colonizador”.
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río