PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
MANIFESTACIÓN E FOLGA NO CONSORCIO
Protesta dos traballadores de I+B en Santiago

M. V Un milleiro de traballadores do Consorcio de Servizos Sociais manifestáronse este mediodía en Santiago co apoio da CIG. Entre as principais reivindicacións, evitar o feche das 19 oficinas comarcais de Igualdade e Benestar (I+B) e que comecen as oposicións no Consorcio, hoxe en folga.

Reloxo 24.11.2009 | 08:56

Manifestación dos traballadores do Consorcio en Santiago Manifestación dos traballadores do Consorcio en Santiago. Manuel Vilas Esquerda   1 / 6  Dereita  

Profesionais das Galescolas, centros de día e outros servizos marcharon pola zona vella da capital sen incidentes, acompañados polo son de gaitas e potas. “López Abella, dimisión!” foi un dos berros máis coreados na protesta .

Abella pediu desculpas, pero fechará as oficinas de I+B

Profesionais das Galescolas, centros de día e outros servizos marcharon pola zona vella da capital sen incidentes, acompañados polo son de gaitas e potas. “López Abella, dimisión!” foi un dos berros máis coreados na protesta .

Os asalariados, que repartiron panfletos críticos con La Voz de Galicia, seguen a criticar a Susana López Abella, a secretaria xeral que dixo que as oficinas de I+B eran unha axencia de colocación de militantes do Bloque.

Malia que Abella desculpouse publicamente, a intención da Xunta é fechar as oficinas e trasladar as competencias as concellos. Eliminaríanse así as políticas de Igualdade e Benestar nos municipios máis pequenos, sen cartos para aplicalas por si mesmos.

Oposicións e convenio no Consorcio

Os folguistas tamén demandan que a Xunta saque adiante as oposicións que comezou a tramitar o bipartito. A nova Xunta do PP non quere convocalas, pois alegan que hai varias resolucións xudiciais que as consideran un “fraude de lei”. Versión que rexeita o Comité de Empresa, presidido pola CIG.

A terceira reivindicación é a aplicación do convenio colectivo no Consorcio. Asinado co anterior Goberno, a nova Consellería de Traballo e Benestar négase a aplicalo, segundo Anxo Louzao da CIG.

Problemas para o rural

Os asalariados consideran que a intención final do PP é que os servizos sociais “volvan a ser xestionados por entidades privadas, o que resultará economicamente, máis caro, e empeorará o servizo”.

Os especialistas, na súa maioría mulleres, alertan da posíbel “saturación de servizos”, especialmente nas zonas do rural.

DECLARACIÓNS DE ANXO LOUZAO
A CIG alerta que ninguén se fará cargo do I+B no rural
O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, que acusou a Consellaría de Traballo de "desfacer" 19 oficinas co despedimento de "61 dos 104 traballadores" empregados nelas. O resto dos traballadores, aclarou, manteñen os seus postos en virtude dunha subvención europea para os programas que levan a cabo.
"Estamos ante a primeira medida contundente e cruel dunha Administración que desmantela un servizo que non vai ser substituído", indicou Louzáo, xa que, aínda que a Xunta defende a continuidade da prestación, "é mentira" porque "non se pode seguir prestando se non hai persoal", recolle Europa Press.

En concreto, explicou que as 18 oficinas e o equipo de inclusión social de Teixeiro pasarán de ter uns oito empregados de media a dous, o que fai "inverosímil" que poida manterse o servizo. Anxo Louzao considera ademais "fundamental" esta prestación, que leva a cabo "sobre todo no rural" e considera necesario que a Xunta "rectifique" esta decisión.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río