PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Debate de totalidade do plan eólico
A reforma da lei de caixas chega ao Parlamento

Redacción .  O Pleno do Parlamento debaterá hoxe a proposición de lei do BNG de reforma da lei de caixas de Galiza. Do mesmo xeito, os grupos discutirán o proxecto de lei polo que se regula o aproveitamento eólico do país.

Reloxo 24.11.2009 | 07:00
TAGS: bng , lei de caixas , pleno ,

Fernando Blanco, portavoz de Economía do BNG Fernando Blanco, portavoz de Economía do BNG. Jessica Barcala/AGN

Tal e como explicou o portavoz de Economía do BNG, Fernando Blanco, “a proposta do BNG define que modelo queremos cara ao futuro porque a autorregulación non funcionou”. “É importante que administración teña voz alí onde se deciden cuestións moi importantes para o país e as caixas o son”, engadiu o deputado nacionalista.

Na proposición non de lei o BNG propón a participación da Administración galega cun 20 por cento dos conselleiros na Asamblea Xeral”, o que non sería un caso único porque a comunidade de Valencia ten un 25 por cento, a de Madrid un 21 por cento e Andalucía tamén.

Esta medida, segundo aclara Blanco, “non significa dirixir as caixas no día a día, senón ter unha presenza que coordine accións para que aproveitando esas sinerxias poidamos ter tamén unha ferramenta para nos enfrontar á crise e para que o aforro dos galegos e galegas ten que estar ao servizo do país, das empresas e das familias”.

Comité de retribucións

Outra das modificacións máis significativas é a creación dun comité de retribucións “para que as retribucións dos directivos teñan transparencia” e estará formado por tres persoas, unha delas necesariamente un representante da Xunta con competencias en política financeira.

O outro dos comités que quere introducir o BNG é o de investimentos, “formado por tres persoas, unha tamén en representación da Xunta”. Até o de agora, na anterior lexislatura, xa existía a posibilidade de marcar investimentos ás caixas mediante a tramitación dunha lei e o que pretende o BNG con este comité “é que a Administración poida tamén impulsar as políticas que o Goberno quer levar adiante e contar así co respaldo financeiro das caixas”.

Sesión de control

O debate sobre as caixas de aforros trasladarase tamén á sesión de control ao Goberno do mércores, cando se produza o cara a cara entre o presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, e o portavoz parlamentario do BNG, Carlos Aymerich. Coincidirá co día en que o xefe do Executivo citou os líderes políticos da oposición para abordar esta cuestión e tratar de buscar un acordo de país.

Pola súa banda, o presidente do grupo socialista, Manuel Vázquez, interrogará o xefe do Executivo galego pola "coherencia do seu goberno", en relación ás actuacións ou declaracións, ao seu xuízo contraditorias, da Xunta.

Outros asuntos

Pero a sesión comezará co debate de totalidade do Proxecto de Lei polo que se regula o aproveitamento eólico en Galiza e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental. Do mesmo xeito, discutirase a proposta de tramitación do Proxecto de Lei de medidas urxentes para a modernización do transporte público.

A conselleira do Mar e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Rosa Quintana e Agustín Hernández, respectivamente, tamén intervirán no Pleno en sendas comparecencias para abordar o cambio de método analítico de niveis de presenza de biotoxinas nos produtos de marisqueo e achega do proceso para dotar dunha sede á Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama).

Ademais, o Goberno dará explicacións sobre o pago de facturas da Administración, o futuro da planta de Pascual en Outeiro de Rei, as estratexias de sanidade para mellorar a seguridade dos pacientes nos centros sanitarios, o futuro das oficinas de I+B dependentes do Consorcio ou a situación do hospital galego de Buenos Aires.

Tamén se repetirá o debate sobre a planta de Leite Pascual, posto que o grupo socialista incluíu unha proposición non de lei na que pide medidas para apoiar a adquisición por parte de cooperativas galegas desta factoría. 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río