PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
BLOG JAVI VAZQUEZ
Javi
Vázquez
Emprendedor en TIC
I edición do Personal Democracy Forum Europe
Tecnoloxía e política
Personal Democracy Forum é, segundo a súa propia web: 'a maior e máis coñecida conferencia do mundo sobre a intersección de tecnoloxía e política'. Esta fin de semana celebrouse en Barcelona a primera edición en Europa, a cal vendeu todo o aforo dispoñíbel e rematou, penso eu, nun rotundo éxito.
 23.11.2009 | 12:15

Hai pouco máis dun ano comezaba unha segunda etapa de colaboración con A Nosa Terra a través deste blog. Facíao coa idea de aproveitar a miña asistencia á “Web 2.0 Expo” e ao curso-congreso "Sociedad Red" para comezar esta colección de notas públicas, sempre en torno á rede. Precisamente, naquel curso-congreso déronse os primeiros pasos para traer Personal Democracy Forum a Europa.

A intersección de tecnoloxía e política é un tema de crecente interese. O “ciclón” Obama situouno no centro de atención dos medios tras o seu triunfo electoral nos USA en 2009, o que animou a todas as forzas políticas do mundo a intentar imitalo.

Ademais, a continua e persistente perda de confianza no poder político xerou nun sector da sociedade a inquedanza por unha maior transparencia da “cousa pública”, a carón dunha evolución cara a unha democracia máis directa e participativa.

Os dous días do Forum foron intensos e cheos de presentacións de experiencias, así como de reflexións colectivas. A pregunta sobre se o modelo Obama é replicábel en Europa, mesturouse coas eternas dúbidas sobre a verdadeira vocación da Unión Europea, sempre cuestionada.

O Forum, na miña opinión, foi un rotundo éxito, non tanto pola numerosa afluencia de público e a calidade do programa, senón pola sensación de ter cumprido co seu obxecto: conectar persoas interesadas en mellorar os modelos de goberno actuais, e promover así a xeración de iniciativas e proxectos coma os presentados venres e sábado.

O británica Mysociety.org, a Sunlight Foundation estadounidense ou o australiano wikileaks.org son algúns exemplos sobre os que espero falar en próximos posts.

Porén, cunha perspectiva máis rexional, a mini sección de iniciativas españolas deixou en evidencia o estado de neno en cueiros dos proxectos a nivel do Estado.

O acabado de nacer portal Voota.es e o Partido de Internet, liderado por un emprendedor TIC de 25 anos e fundado este luns, foron as que máis chamaron a miña atención.

Ao longo das próximas semanas gustaríame adicarlles unha serie de notas a algúns dos proxectos exitosos do panorama mundial, e tamén a seguir a evolución dos españois.

E vós, como pensades que a tecnoloxía pode mellorar a política?

PS: política vén do termo grego politikós: “cidadán, civil, relativo á ordenación da cidade”. Eu refírome á política coma o goberno e xestión do ben común por parte da cidadanía, con ou sen políticos.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río