PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Avaliación das consecuencias
O BNG pídelle a Xunta que tome medidas para paliar os efectos do temporal

Redacción .  O Grupo Parlamentario do BNG, a través dos seus deputados Alfredo Suárez Canal e Tareixa Paz, urxiu hoxe o Goberno da Xunta que poña en marcha medidas para paliar os efectos do temporal que a pasada semana afectou a Galiza.

Reloxo 22.11.2009 | 15:38
TAGS: bng , temporal ,

Temporal Temporal. AGN Neste sentido, os deputados rexistraron unha iniciativa parlamentaria na que se mostran "sorprendidos" porque "a estas alturas a Xunta aínda non deu ningunha información sobre o itinerario que vai seguir neste asunto e tampouco que deben facer as persoas e concellos afectados".

Así, os nacionalistas recordaron que os "sucesivos temporais" que tiveron lugar no país hai "escasos días" produciron "distintos tipos de danos en propiedades privadas, negocios, explotacións de diversa índole, mobiliario urbano e infraestruturas públicas".

Como consecuencia, Para Tareixa Paz e Alfredo Suárez Canal é "necesario" que a Xunta "avalíe as distintas consecuencias" do mal tempo e, "se fose necesario, articule un decreto de axudas polos danos producidos".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río