Redacción . O calendario laboral para o 2010 recolle un total de nove festas estatais para todas as comunidades autónomas, ás que se suma a celebración do día de cada autonomía e a festividade do 1 de abril (Xoves Santo). Na Galiza –ao coincidir o Día da Patria (25 de xullo en domingo), será festivo o Día das Letras (17 de maio), segundo unha resolución do Ministerio de Traballo e Inmigración publicada hoxe no Boletín Oficial do Estado (BOE). O 66 por cento destes festivos son de carácter relixioso.
En concreto, o próximo ano haberá oito días festivos estatais "non substituíbeis", aos que se suma unha xornada máis, o 6 de xaneiro, que tamén se celebrará en todas as autonomías a pesar de que se trata dunha festa estatal que pode ser substituída por unha festa propia se algunha comunidade así o decide. O 66 por cento delas son de carácter relixioso. Na Galiza, tamén será festivo o Día das Letras (17 de maio). O Día da Patria (25 de xullo), no 2010, coincide en domingo. Pola súa banda, o 5 de abril (Luns de Pascua) só o celebrarán as Illes Balears, Catalunya, Comunitat Valenciana, Navarra e Euskadi. Así mesmo, en Madrid será festivo o 3 de xuño (Corpus Christi), e en Andalucía, Aragón e Asturias conmemorarase o 16 de agosto (luns seguinte á Asunción da Virxe).
Preparando unha mostra para traballar con nanopartículas
As oito festas estatais non substituíbeis son o 1 de xaneiro, o 2 de abril (Venres Santo), o 1 de Maio (Día do Traballo), o 12 de outubro (Festa de España), o 1 de novembro (Día de Todos os Santos), o 6 de decembro (Día da Constitución española), o 8 de decembro (A Inmaculada Concepción) e o 25 de decembro (Nadal).
En virtude da facultade dos Gobernos autonómicos de cambiar determinadas festas, o xoves 1 de abril (Xoves Santo) será festivo en todas as comunidades, salvo en Catalunya e na Comunitat Valenciana, mentres que o 19 de marzo (San Xosé) só será festivo en Castilla la Mancha, Castilla-León, Comunidade Valenciana, Extremadura, Galiza, Madrid, Murcia, Navarra, Euskadi, La Rioja e Melilla.
Descargar Tarifas