Redacción . A directora xeral de Política Lingüistica do Principado, Consuelo Vega, recordoulle o martes ao presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, que as competencias entre Asturias e Galiza 'rematan nos límites exactos dos territorios'.
"Confiamos en que, tras estudalo, chegue a unha conclusión sensata", engadiu a responsábel asturiana en materia de Política Lingüistica. Consuelo Vega diferenciou dúas cuestións. Sinalou que por unha parte, os avances técnicos permiten hoxe en día ver en Asturias non só a televisión galega, senón a andaluza ou a francesa, igual que existen xornais dixitais do mundo. "Isto é algo positivo, beneficioso e enriquecedor", apuntou. Por outra banda, destacou Vega, se se fala dunha decisión "consciente e programada" do Goberno dunha Comunidade Autónoma para influír lingüística ou culturalmente en territorio doutra comunidade, "estamos ante unha situación distinta". "Confiamos en seguir co mesmo espírito de respecto e colaboración", apostilou.
Cabaleiro na presentación do apagamento analóxico en Santiago.
Vega realizou esta advertencia, en declaracións a Europa Press, despois de que o xefe do Executivo galego manifestase a súa intención de "estudar" a posibilidade de estender o sinal da televisión galega a comunidades limítrofes, Asturias entre elas.
Descargar Tarifas