PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Tras as protestas de Asturias
A extensión da TVG a zonas limítrofes farase de acordo cos gobernos

Europa Press O Executivo galego subliñou que a extensión dos servizos da Televisión de Galicia (TVG) a zonas limítrofes –como Asturias, O Bierzo e Sanabria– constitúe 'unha demanda social' e subliñou que, en todo caso, se fará 'de acordo e coa colaboración' dos respectivos gobernos autonómicos.

Reloxo 18.11.2009 | 07:09

Un momento do 'Telexornal serán' na TVG Un momento do 'Telexornal serán' na TVG. TVG En declaracións a Europa Press, o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, subliñou que facilitar a recepción do sinal da TVG a zonas fronteirizas se faría "desde o máis absoluto respecto" ás comunidades autónomas implicadas e con "pleno acordo" cos seus gobernos.

Despois de que a directora xeral de Política Lingüistica do Principado, Consuelo Vega, lle recordase ao presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, que as competencias entre Asturias e Galiza "terminan nos límites exactos dos territorios", Cabaleiro insistiu en que, en calquera caso, o intercambio de espazos televisivos se faría "sempre baixo o acordo coas comunidades autónomas".

Así mesmo, recordou que este tipo de medidas xorden precisamente por peticións de colectivos galegos que viven en zonas limítrofes, caso por exemplo de Castela e León, onde explicou que xa se desenvolveron contactos co Executivo autonómico porque é a área que concentra o maior volume de peticións neste sentido e indicou así mesmo, que existiu xa algún contacto entre as televisións públicas galega e asturiana.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río